Crónica de Galicia - 26/08/25
Despois de 2 semanas, a provincia de Ourense deixa de estar en situación 2 de emerxencia. Quedan agora activos e sen estabilziar tres incendios, só un con este nivel: O de Pobra de Brollón, que xa suma 600 has, mentres baixa a preocupación en Avión, e hai certas esperanzas en Carballeda de Valdeorras de que as lapas poidan ser estabilizadas. Dous membros da UME resltaron feridos esta mañá nun accidente
A declaración de zonas gravemente afectadas por emerxencia debería facilita-la chegada de axuda ás zonbas afectadas. Agárdana especialmente os gandeiros, que precisan acceso a penso, pastos e forraxe. Aguantan grazas á solidaridade chegada doutros puntos de Galicia e España.
E cos avisos aínda en marcha, os sindciatos abren outra fronte: piden un relevo inmediato na secretaria xeral da consellaría de Medio Rural. Non é admisible, din, que se afrontase esta crise con numerosas vacantes no dispositivo