Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 23/03/21 23/03/2021 50:04

O comité clínico reúnese esta tarde  con miras a revisa-la situación epidemiolóxica. Pode que algún municipio cambie de nivel, pero non se prevén decisións que afecten a toda Galicia. Non vai haber grandes cambios en canto ás restricións nos vindeiros días.

Sobre a mesa terán os datos da xornada, que reflexan unha leve repunta dos casos activos, anque seguen en niveis semellantes ós de agosto. Ferrol, Santiago e Ourense aumentaron lixeiramente a súa incidencia, mentres Lugo segue por baixo dos 50 casos a 14 días, e baixando.

O conselleiro de Sanidade confirmou ademais que a vacinación con Astra Zeneca se vai reanudarar no punto no que se interrompeu a campaña: nos traballadores esenciais.

No parlamento galego, esta mañá foi admitida a trámite a proposición de lei do BNG para promover a igualdade real na ciencia e na investigación entre homes e mulleres. Unha iniciativa que leva o nome da oceonógrafa Ángeles Alvariño

Os ministros de pesca da UE acordaron prorrogar ata xullo os Tacs e cotas nos caladoiros compartidos co Reino Unido. Os armadores esperan que canto antes se chegue a un pacto definitivo  porque a negociación por trimestre impide a planificación da actividade.

En Vigo,  Stellantis, a antiga Citroên,  quere ter aprobar un ERTE antes de Semana Santa. A medida que é consecuencia da falta dun microchip fabricado en China

A CIG teme os peores presaxios para o estaleiro Barreras. 
O cruceiro de luxo Evrima marchou a Santander e a día de hoxe o estaleiro non ten máis pedidos.

O tempo. Continúa a influencia das altas presións

Galicia Informativos
Más opciones