Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 22/04/22 22/04/2022 45:14

A esclerose múltiple ten en Galicia unha incidencia superior á media. As causas desa alta incidencia descoñécense pero apuntase a factores xenéticos que predispoñen a outros factores ambientais.

O ministro Grande Marlaska presidiu en Ribeira o acto de inauguración da nova comisaría de policía. O titular de interior asegurou que en Galicia xa se recuperou a maior parte dos efectivos que se perderon tra-la crise de 2007.

Sen non hai sorpresas, Alfonso Rueda, comunicará esta tarde a súa candidatura á presidencia do PP galego. Rueda fará o anuncio ante a xunta directiva do PP de Pontevedr despois de recibir o apoio do resto de líderes provinciais.

A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa chama a atención sobre a caida nas capturas de ameixa e berberecho. Agora están sacando o 40 por cento da medida dos últimos vinte anos.

O tempo. van seguir as chuvias. Non mellora para a fin de semana.

Galicia Informativos
Más opciones