Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 22/03/21 22/03/2021 49:49

A boa evolución dos datos, que seguen á baixa, non permite baixa-la garda. Especialmente ante as repuntas detectadas en lugares coma a área sanitaria de Santiago.

O goberno galego pide prudencia á hora de reduci-las restriccións na Semana Santa, coa mira posta, máis ben, en que o verán permita recupera-la actividade.

As autoridades advirten tamén dalgúns malos comportamentos detectados durante esta ponte de San Xosé, anque recoñecen que a maioría dos cidadáns cumpren as normas.

Un brote nunha residencia de Silleda reúne 50 dos 55 positivos en centros sociosanitarios. Tardou en detectarse porque están todos asintomaticos.

A corporación de Pontevedra declara persoa non grata ó presidente de ENCE. BNG e o PSOE acusan a Ignacio Colmenares de instigar ós traballadores ó uso da violencia.

Segue sen concretarse o formato da reunión que manterá este venres Feijoo cos líderes da oposición. O líder socialista, Gonzalo Caballero prefire un encontro conxunto.

Aprazado o xuizo con 21 acusados en relación cun alixo de 1.700 quilos de cocaínda. O motivo, a baixa médica de dúas letradas da defensa.

Continuamos baixo o dominio das altas presións... ceos despexados e temperaturas en ascenso.

Galicia Informativos
Más opciones