Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 19/05/22 19/05/2022 44:52


3 de agosto de 2020. Hai case dous anos o Rei emérito estableceu a súa residencia a Abu Dabi tras pisar por última vez territorio español. Fíxoo en Galicia, onde hoxe regresa para participar na regata de vela que se celebrará desde mañá en Sanxenxo.

No concello a expectación é máxima: xa está preparada unha recepción oficial no club náutico. Os hoteis están completos de reservas e todo o sector turístico celebra as repercusións económicas para a economía local.

A cara B, as críticas que chegan, por exemplo, desde o BNG, que non entende o recibimento por todo o alto tras os seus problemas xudiciais dos últimos anos.

Galicia Informativos
Más opciones