Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 17/04/24 17/04/2024 45:13

Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de Rtve

Os rexistros oficiais de todo tipo son un fervedoiro de actividade neste último día do prazo de alegacións contra o proxecto de Altri pra instalar unha fábrica de celulosas en Palas de Rei. Un proceso no que están a participar asociacións veciñais, colectivos do mar, ecoloxistas e formacións políticas de todo o territorio galego, nomeadamente de todo o cauce do Ulla e a súa desembocadura. TEmen o impacto nas augas, no camiño de Santiago e na ría de Arousa. 

Outro proxecto que esperta dúbidas polo seu impacto é a eólica mariña, que centrará esta tarde a Mesa de Traballo do sector pesqueiro e o Ministerio de Transición Ecolóxica. O sector insiste no risco que supón pra súa actividade.

Galicia Informativos
Más opciones