Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 15/03/21 15/03/2021 49:46

Yolanda Díaz perfílase como a futura líder e candidata de Unidas Podemos. Pablo Iglesias anuncia que él deixa o Goberno e xa llo comunicou ó presidente Pedro Sánchez, a quen lle propuxo que a ferrolá sexa a súa sustituta na vicepresidencia segunda do goberno.

Aumenta a presión asistencial, pero continúa a caída dos casos activos de coronavirus. O vicepresidente da Xunta confía en que mañá se poidan tomar medidas de alivio pro sector hostaleiro, coma o retraso do toque de recollida e do peche dos locais.

O concello de Pontevedra declarará persoa non grata a Ignacio Colmenares, presidente de ENCE. Considera que está detrás dos incidentes protagonizados polos traballadores.

O sindicato labrego galego pide que se intensifique o control das prantacións ilegais de eucalipto. Advirten de que o anuncio dunha moratoria está provocando un efecto chamada

O Centro Galego de Artes da Imaxe, o CGAI, que este ano cumpre 30 anos de funcionamento, vaise transformar en Filmóteca de Galicia.

O Tempo, con ceos pouco anubrados... as altas presións están situadas ao noroeste de Galicia. Pra mañá agardamos poucos cambios.

Galicia Informativos
Más opciones