Crónica de Galicia 14:10 - 31/03/26
A Xunta dispón 157 millóns pra axudar ós sectores máis afectados pola guerra. Case a metade corresponde a préstamos. Parte cos cartos van dirixidos ós sectores pesqueiro e agrario. No campo, ó impacto da guerra teñen que sumar a baixada dos prezos do leite que propoñen as industrias. Hoxe dous sindicatos agrarios abordarán a situación coa consellaría de medio rural.
No río Miño, hoxe reanudarase a busca dun mozo que caeu a auga tras envorcar a embarcación na que navegaba con outro compañeiro, que foi o que pediu a axuda. O accidente produciuse cerca do encoro dos Peares.
Deportes. Comeza unha nova xornada de liga en segunda: o deportivo recibe ás oito da tarde ó Córdoba. O primeiro dos dous partidos que ten seguido en Riazor.
O tempo. situación estable