Stellantis iniciou ás dúas unha parada de cinco días pra axustar a producción debido á caída das vendas. Unha consecuencia da caída das vendas. Sindicatos como a CUT falan de improvisación.
En Pontevedra, a preocupación é pola posible presentción dun expediente de regulación de emprego en ENCE. A compañía anunciouno, pero de momento non lle comunicou nada ó coité de empresa... que adianta que se oporá a calquera redución do cadro de persoal. Por aquí empezamos. Antes con Alejandra López outros titulares:
Protesta dos taxistas en Santiago. Piden que NON se concedan novas autorizacións VTC, que se revoquen as outorgadas a empresas que cometeron irregularidades.
Non se debate a moción e censura en Manzaneda. Un xulgado suspendeu o pleno previsto pra este mediodía.
Sorpresa e indignación na confraría de Corcubión polo posible uso de dinamita na pesca da sardiña. Hai catro persoas investigadas
O tempo. continuamos nun réxime de chuvascos e con temperaturas lixeiramente máis baixas.