Galicia Informativos Crónica de Galicia 14:10 - 27/04/2627/04/2026

Crónica de Galicia 14:10 - 27/04/26

Volve a folga á sanidade. O Sergas e os sindicatos convocantes só coinciden en que o seguemento é moito maior nos hospitais que nos centros de saúde. Insisten en reclamar un estatuto propio ó Ministerio de Sanidade, pero tamén demandan da Xunta medidas coma a limitación das xornadas e a regulación das guardias.

As traballadoras do gran comercio téxtil paran e mobilízanse en toda Galicia contra a imposición dun convenio estatal que borraría as melloras dos convenios galegos.

O BNG asegura que a xefatura de servizo de litoral en Lugo non está vacante, e acusan á Consellaría de mentir para ocultar a compra do voto da tránsfuga María Reigosa.

A hostalaría ve na regularización de migrantes unha oportunidade para captar a man de obra que precisan, e pide plans de formación.

No tempo, atentos en Ourense e na montaña de Lugo, porque hai alerta amarela por treboadas.

Galicia Informativos
Más opciones