Galicia Informativos Crónica de Galicia 14:10 - 26/03/2626/03/2026

Crónica de Galicia 14:10 - 26/03/26

Enésima xornada de folga na atención primaria galega. Hoxe convoca a CIGA a todo o persoal dos centros de saúde, por unha situación sanitaria que cualifican de límite. O conselleiro agarda pechar a reforma da atención primaria antes de xuño, e pídelles que se unan. En Madrid hai reunión esta tarde para falar do estatuto marco.

O persoal de Iberdrola en Galicia reclama un cambio legal que obrigue ás empresas con concesións públicas a subir os salarios dacordo co IPC.

Os traballadores da xustiza acusan á Xunta de 'improvisación' e eliminación de persoal de reforzo na implantación dos Tribunais de Instancia.

Aberta na Coruña a maior exposición organizada nunca sobre o artista francés René Lalique, que redifiniu as bases do deseño.

No tempo, norte e sur disfrutan hoxe de sensacións algo diferentes.

Galicia Informativos
Más opciones