Galicia Informativos Crónica de Galicia 13:30 - 25/10/2525/10/2025

Saúdos, moi boa tarde.

O sector naval de Vigo fai un chamamento á calma ante a situación de Cardama. O director do estaleiro viaxa a Uruguai para aclarar a posible rescisión dun contrato por supostos indicios de fraude nos avais.

Mentres, viaxe reivindicativa esta mañá para reclamar a modernización do sevizo de tren en Ferrolterra.

Das estradas, un morto e un ferido nunha saída de vía en Lugo, na parroquia de Ombreiro. A vítima mortal é un mozo de 23 anos.

E en Santiago, investíganse as causas dos incendios rexistrados esta noite pasada. Un foi nun local de hostalaría, sen feridos. O outro, nun vagón fóra de servizo na estación de tren. Neste caso unha persoa tivo que ser trasladada ó hospital con queimaduras nas mans.

Galicia Informativos
Más opciones