Crónica de Galicia 14:10 - 17/04/26
Cautela entre os usuarios de tren galegos, pero tamén esperanza, tralo anuncio de Renfe de que antes de fin de ano se ampliarán nun 24 por cento as prazas do eixo atlántico. Forma parte dun plan que tamén incrementará as da conexión con Ourense e poñerá o foco nos horarios de máis demanda.
Centos de traballadoras do gran comercio textil saen ás rúas contra as maniobras da patronal para impoñer un convenio estatal, inferior en salarios e condicións ós provinciais galegos.
Vigo inicia o proceso para aplicar dende outubro unha taxa turística, de ata 2 euros por noite, para os establecementos de maior categoría.
Sen incidencias na primeira xornada de folga indefinida de controladores de Alvedro e Peinador, con servizos mínimos do cen por cento.
No tempo, fin de semana por diante de sol e temperaturas altas.