Galicia Informativos Crónica de Galicia 14:10 - 15/10/2515/10/2025

O presidente da Xunta defende o rigor do goberno galego no peche de dúas residencias comunitarias na provincia de Ourense no que vai de mes. Pero o BNG cre que a Xunta fixo deixación das súas obrigas, e pide o cese da conselleira. Foi nun pleno no que houbo algunhas ausencias, no marco dunha xornada de paros e folga.

Protestas pra demandar que non se peche en falso o conflicto en Palestina, e que o chamado "plan de paz" non se convirta nun mero "plan de negocio".

Unha presa de Teixeiro, con condenas pola morte de tres anciás, investigada pola morte dunha veciña da Coruña durante un permiso.

No día da Muller rural, demandan presenza nos espazos de decisión e medidas que acaben contra a fenda salarial.

O tempo segue sen cambios, seco e con temperaturas por riba do habitual nestas datas.

Galicia Informativos
Más opciones