Crónica de Galicia 14:10 - 15/04/26
Acordo na mesa sectorial sobre o decreto do Sergas, que deixará a partir de xuño a atención sanitaria dos sábados pola mañá nos PAC. Haberá incentivos salariais para o persoal que se ofreza voluntario, pero se non hai abondo, as gardas serán obrigatorias e sen compensación. Desmárcase a CIG, e tamén a plataforma de traballadores dos PAC, que se senten traizoados.
E segue o debate sobre o plan de reducción das baixas. Os socialistas cren que pode ter problemas de encaixe legal se finalmente se aumenta o poder de decisión das mutuas, e a ministra de traballo insiste en que a levará ó Constitucional se asi fora.
O alcalde de Ourense recorrerá o auto que lle imputa un delito de prevaricación. Os denunciantes agardan a que a resolución sexa firme e non descartan emprender novas accións.
O aeroporto de Alvedro prepárase para absorber a maioría das operacións de Lavacolla dende o 23 de abril, con novas portas e reforzo do transporte.
No tempo, unha nova fronte deixa algunhas chuvias.