Galicia Informativos Crónica de Galicia 14:10 - 14/10/2514/10/2025

boa tarde,

A lei do Clima e a de prevención das adicións deron hoxe un paso adiante no parlamento, que retomou a súa actividade rexeitando as emendas á totalidade presentadas polo BNG.

O goberno galego comprométese a que ningún municipio reciba o ano que vén menos diñeiro, vía orzamentos autonómicos e entregas a conta.

O secretario xral de lingua, aberto a estudar as máis de 300 achegas á reforma do plan de normalización, moitas demandando a derrogación do decreto de plurilinguismo.

Unha vintena de colectivos do mar esixen á Xunta que vixile e sancione as verteduras ilegais, e sinalan ás conserveiras da Pobra do Caramiñal como orixe.

Galicia Informativos
Más opciones