Galicia InformativosCrónica de Galicia 14:10 - 06/04/2606/04/2026
Crónica de Galicia 14:10 - 06/04/26
O mes de marzo pecha con caída nas cifras de parados, maior aquí que no conxunto do país. Os sindicatos insisten en que boa parte se centra en sectores precarios e estacionais, mentres o goberno galego celebra as cifras históricas.
Alcoa culminará mañá a reactivación das cubas, pero os traballadores reclaman un prezo da enerxía estable para garanti-lo seu futuro.
Ringleiras na Coruña de residentes senegaleses para renovar os seus pasaportes nunha delegación temporal da embaixada.
Renfe reorganiza os trens entre Vigo e Ourense, e leva á cidade olívica o Alvia a Cataluña polas obras na liña do Miño e a estación da Coruña.
No tempo, día de calor... e tronadas.