Galicia Informativos Crónica de Galicia 13:30 - 19/04/2619/04/2026

Crónica de Galicia 13:30 - 19/04/26

Os arredor de 10.000 migrantes residentes na nosa comunidade poderán regularizar a súa situación de xeito presencial a partir de mañá. Farase nas oficinas da Seguridade Social e tamén nalgunhas de Correos, onde se agarda máis afluencia de solicitantes.

E hoxe falamos de xustiza. Os galegos recorren cada vez máis á quenda de oficio. Un aumento que se debe a factores como incremento do volume de preitos.

Esta xornada deixa unha protesta en Santiago do pobo cubano residente en Galicia. Moitos teñen familiares na illa caribeña que están a sufrir cortes diarios do subministro eléctrico.

E hoxe no tempo de entrevista recibimos a Rosa Crujeiras. Escoitaremos as propostas da primeira reitora muller nos 500 anos de vida da USC.

Nos deportes, o Guardés disputa nestes intres os últimos compases da ida das semifinais da Copa Europea de balonmán.

Galicia Informativos
Más opciones