Galicia Informativos Crónica de Galicia 13:30 - 18/04/2618/04/2026

Crónica de Galicia 13:30 - 18/04/26

Alivio parcial para a familia de Enrique Bolívar. Hoxe coñeceu que os ósos atopados en Abadín corresponden co octoxenario desaparecido no 2023. A investigación segue aberta, centrada en determinar que pasou exactamente, logo de que un veciño confesase que atropelou ao home accidentalmente.

Protagonismo hoxe tamén para a sanidade, a Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria celebra hoxe a súa xuntanza anual. Pídenlle á Consellaría unha fonda reforma, con máis persoal e recursos.

E nova xornada de folga este sábado no sector téxtil, desta vez só na provincia da Coruña.

En páxina cultural, a partir da unha menos vinte temos visita no estudo de Radio Nacional. As Fillas de Cassandra presentan o seu novo traballo: Tertulia.

Nos deportes, o Basket Coruña busca recuperar o liderado da primeira FEB, co que onte se fixo o Obradoiro ante o COB Ourense no derbi galego da categoría.

Galicia Informativos
Más opciones