Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 11/05/24 11/05/2024 30:08

Crónica de Galicia - 11/05/24

A Consellería de Sanidade releva os xerentes das áreas sanitarias de Santiago e o Barbanza e de Ourense, Verín e o Barco. Cambia tamén a xerencia de Ferrol porque o ata agora responsable, Ángel Facio, substituirá a Eloína Núñez á fronte da área compostelá. 

A ollada está hoxe posta tamén no mar, en Cangas a Plataforma en defensa dos ecosistemas mariños reuniu a centos de persoas ante a lonxa para protestar contra a instalación de parques eólicos mariños nos bancos nos que faena a flota galega. 

Son as novas dun día gris en boa parte da comunidade

Galicia Informativos
Más opciones