Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 08/05/22 08/05/2022 30:04

As vilas de As Pontes e de Viveiro están conmocionadas despois de saber que unha rapaz oriunda da localidade da Mariña, que residía ca súa parella no concello coruñés, está entre os falecidos polo estourido no Hotel Saratoga da Havana. As autoridades traballan para repatriar axiña o seu corpo.

Na política, este mediodía Alfonso Rueda pechou en Vigo a súa campaña para relevar ao frente do PP Galego a Alberto Núñez Feijoo. O martes comeza o debate de investidura que o situará ao frente da Xunta.

No tempo da entrevista escoitaremos o experto en economía enerxética, Xabier Labandeira. Este catedrático da universidade de Vigo aposta por pedirlle ás empresas que deixen os beneficios en Galicia da xeración de electricidade.

Galicia Informativos
Más opciones