Crónica de Galicia - 08/09/25
Máis de 300 mil rapaces volveron hoxe ás aulas con total normalidade cos nervios habituais nunha xornada coma esta... Nalgún caso non chegaron entrar coma en Rianxo, e noutros fixeron concentracións ás portas, en protesta en varias localidades pola falta de profesores e os incumprimentos das rateos
- A plataforma "Por un monte galego con futuro" convoca unha manifestación este domingo en Santiago, co lema "As políticas da Xunta son as que nos queiman"
- O goberno galego aproba no consello da Xunta o proxecto de lei do clima de Galicia, que busca a neutralidade climática pra Galicia en 2040
- Grupos conservacionistas demandan a restauración hidrolóxica parcial da lagoa de antela, no aniversario do inicio da súa desecación
- No tempo, vanse abrindo cada vez máis claros