Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 06/05/22 06/05/2022 45:02

Dúas fábricas son hoxe protagonistas. Ence, en Lourizán, e Altri, que está por chegar a Palas de Rei. Os traballadores de ENCE non entenden por que unha mesma consultora atopou terreos pra fábrica de fibras téxtiles en Palas, cando non foi capaz de dar unha localización alternativa pra pasteira ENCE, ante a súa futura saída de Lourizán, en Pontevedra. Os empregados culpan directamente á Xunta

- Os barcos galegos que faenan e resposan en caladoiros internacionais teñen problemas para percibir as bonificacións ó gasóego.

Os armadores reclaman solucións urxentes e pragmáticas porque están nunha situación límite.

- Sanidade comunica outros dous novos casos de hepatite infantil de orixe descoñecida.

Os dous casos pertencen á area de Vigo: un xa pasou a enfermidade en marzo; o outro aínda está ingresado, pero evoluciona favorablemente.

- Os familiares dos falecidos do Villa de Pitanxo seguen buscando apoios á súa demanda pra que se baixe ó pecio.

Hoxe reuníronse coa Valedora do Pobo. Consideran que agora de cara o verán é o momento oportuno para realizar este operativo.

- O grupo británico Muse actuará en Vigo o 8 de setembro.

O estadio de Balaídos acollerá este concerto despois de que o alcalde accedera a poñer o recinto a disposición da Xunta

Galicia Informativos
Más opciones