Crónica de Galicia - 06/09/25
Un ano máis, co comezo das clases, seguen as protestas de profesorado, familias e Anpas, por falta de atención á diversidade, malas conexións de transporte escolar ou centros que precisan renovación. Esta mañá saíron a rúa todas as asociacións de nais e pais de Vilagarcía. Pero, un ano máis, as administracións din que temos por diante o curso con máis recursos. Alfonso Rueda vén de rematar un acto en Santiago no que fixo balance da educación en Galicia nos últimos 20 anos, e o Goberno central tamén resumiu esta mañá os recursos destinados a este eido na nosa comunidade.
Deseguido os detalles, nun sábado no que coñecemos as cifras actualizadas das solicitudes de rehabilitación de vivendas dos afectados polos lumes. E no que miramos a Vilagarcía, tras ese presunto matricidio, permanece hospitalizado baixo custodia policial o presunto autor dos feitos.
Hoxe tarde de sábado, con moitas citas culturais coma festivais na Coruña, en Burela, Feira Franca en Pontevedra