Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 04/05/22 04/05/2022 44:15

Os sindicatos poñen deberes ó futuro presidente da Xunta tralos datos de emprego coñecidos esta mañá. As cifras non son malas, deixa a 2700 persoas menos nas ringleiras do paro, con auxe no sector servizos, con baixadas lixeiras na construción e no sector primario, e coa cara B na industria. Tódolos sectores reducen o desemprego menos o industrial.

- Os traballadores de Barreras anuncian medidas legais contra a venda do estaleiro a Armón.

Critican que o administrador concursal se desentedera dos traballadores. O grupo asturiano só se compromete a dar emprego a unha vintena dos 120 traballadores.

- En Ourense, Comisións Obreiras ten intención de denunciar ó alcalde pola agresión a unha afiliada.

Tanto este sindicato como os partidos da oposición pídenlle ó Partido Popular que non sosteña por máis tempo a Jácome na alcaldía.

- O grupo parlamentario socialista pide unha actualización da lei do xogo que data de 1985.

Rexistrou na Cámara unha proposición de lei pra poñer freo os problemas de ludopatía que afectan, sobre todo, ós máis novos.

- O Correlingua, en defensa do galego, recupera este ano a rúa logo da pandemia.

Hoxe comezou en Pontevedra. Non hai as habituais marchas doutras edicións pero si festas coa participación dos escolares

Galicia Informativos
Más opciones