Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 02/04/2021 02/04/2021 30:10

Quedaron extinguidos tres dos catro incendios activos en Galicia, e controlado o cuarto, en Folgoso do Courel. Anque foi despois de arrasar medio milleiro de hectáreas

Os traballadores do servizo contra incendios alertan de un operativo obsoleto, que non ten en conta que cada vez máis focos aparecen fora da temporada de verán

Nova repunta da presión asistencial por Covid19, esta vez é máis relevante, e tamén afecta ás UCIS. Porén, os casos activos seguen á baixa

As ambulancias deixan, por fin, de pagar peaxe na autopista AP9. Unha anomalía que só se mantiña en Asturias e Galicia. Iso sí, a patronal do sector tivo loiar nos tribunais pra conseguilo.

O COnsello de Europa reclama cambios legais pra garanti-lo dereito a usa-lo galego na xustiza. E tamén no ensino, porque se está perdendo o relevo xeracional: Un de cada catro menores de 15 anos non aprendeu a falalo.

27 mil galegos padecen trastornos do espectro autista. oxe, no seu día mundial, demandan empatía, e esforzos pra acceder en igualdade ó dereito ó ensino ou a un traballo

O tempo, continuará inestable e con chuvascos tormentosos que provocn aviso amarelo nas provincias de Lugo e Ourense

Galicia Informativos
Más opciones