Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 26/04/2021 26/04/2021 49:55

Volve a repunta-la presión sanitaria pola COVID19. Hoxe hai 10 pacientes máis nos hospitais galegos ca na xornada de onte. NO lado positivo, fréase a evolución dos casos activos. Esta semana citarán a 180 mil persoas pra vacinarse. Por primeira vez no que vai de pandemia, cúmprense 10 días sen casos de COVID nas residencias de maiores

O BNG pide que se camiñe cara á xestión pública das residencias da terceira idade. Sinalan que teñen que deixar de ser centros caritativos ou un negocio en mans de fondos de investimento.

Preocupación en Santiago e Pontevedra pola proliferación de festas ilegais en pisos.

A derrogación íntegra da reforma laboral é a principal reivindicación dos sindicatos galegos de cara á celebración do 1 de maio, este próximo sábado. De novo vanse manifestar por separado: CCOO e UGT, por unha banda, e a CIG, por outra.

Novas paradas na factoría Stellantis de Vigo, antiga PSA, por mor da falta de microchips procedentes de Asia.
A quenda de noite deste domingo pasado non traballou nin tampouco vai traballar esta noite, e mañá pararán tódalas quendas

Gonzalo Caballero considera antidemocrático que o PP pida a renuncia ddo portavoz socialista en Ourense para negociar unha moción de censura no concello.

O tempo. A borrasca, que deixou treboadas intensas na fin de semana, alonxouse pero aínda nos trae certa inestabilidade

Galicia Informativos
Más opciones