Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 21/06/21 21/06/2021 14:55

Entramos no verán con paraugas e temperaturas máis propias do outono. Semella que entre o mércores e o xoves imos volver ós ceos soleados. Un tempo chuvioso que ten como positivo que non hai incendios. A etapa de máximo risco comeza en dez días. O director xeral de defensa do monte avisou en radio nacional que os culpables dun incendio, ademais de facer fronte á vía penal tamén se terán que facer cargo do custe da extinción.
Comeza a a última semana sen máscara nas rúas cunha boa evolución da pandemia. Os casos activos xa baixa dos 1.300. Só preocupa a situación da área sanitaria da Coruña.
Deportes. O Breogan vai xogar a vindeira tempada na máxima categoría do baloncesto.

Galicia Informativos
Más opciones