Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 16/06/21 16/06/2021 15:01

Hoxe coñeceremos se Sanidade introduce cambios no proceso de vacinación despois de que a comisión de saúde pública autorizase a inmunización a partir dos 12 anos e simultanear distintos grupos de idade.
O conselleiro Julio García Comesaña comparece esta mañá para dar conta dos acordos do comité clínico que deixa a menos do 1 por cento da poboación con algúnhas restriccións: só quedan  tres concellos en nivel medio... Soutomaior, Camariñas e Malpica.
Un mércores sen clase no colexio Fogar de Carballo.  sen actividade ata o luns e loito pola morte dun alumno de primaria: faleceu afogado nun encoro de Mazaricos cando participaba nunha excursión do centro.
E, atención o tempo. Hai risco de treboadas en boa parte de Galicia. Hoxe xa con temperaturas máis baixas.

Galicia Informativos
Más opciones