Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 08/04/21 08/04/2021 14:58

Este xoves comeza coas novidades en torno ó proceso de vacinación. Agora as doses de AstraZéneca serán só para os maiores de 60 anos. Á espera do que se decida hoxe na Comisión de Saúde, Galicia seguirá administrando este fármaco ás persoas de entre 60 e 65.

Máis novidades. Ó final non será necesario usar máscara na praia cando esteamos na toalla. E ó final é xa dende hoxe, non dende mañá, cando entra en vigor o novo mapa de restricións por concellos. Dende esta pasada medianoite O Grove e A Pobra do Caramiñal xa teñen peche perimetral.

Ademais, a partir do sábado volven estar permitidas as reunións de non conviventes nos domicilios.

E xa que estamos cos cambios, apunten os do tempo. Á espera das chuvias de mañá, hoxe aumentan as nubes.

Galicia Informativos
Más opciones