Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 04/03/2021 04/03/2021 15:02

Era difícil de imaxinar no seu momento, pero xa pasou un ano. A pandemia en Galicia está de aniversario. Cúmprense doce meses do primeiro caso de coronavirus diagnosticado na comunidade. Tal día coma hoxe, pero do ano pasado, detectábase o primeiro positivo na Coruña.

Dende entón, unha montaña rusa de fases, de escaladas e desescaladas, que vivirán o seu último capítulo a partir da próxima medianoite, cando entre en vigor o novo mapa de restriccións, que libera a mobilidade na área sanitaria de Ferrol e deixa illado ó concello pontevedrés de Soutomaior.

Pensando no que está por vir, Goberno e comunidades emprázanse pra vindeira semana para decidir as restriccións pra Semana Santa. Onte non houbo acordo.

Galicia Informativos
Más opciones