Galicia Informativos   Homenaxe a Soledad Campos, a muller que pintaba no ferro candente 14/05/2021 07:40

Dende principios deste mes, xunto ó castelo de Moeche, en Ferrolterra, podemos ver unha estatura erixida en homenaxe a unha das veciñas do concello, Soledad Campos. Ela foi, durante decadas, a única persoa que traballou a pedra para elaborar as pezas coas que se marcaba a chapa nos grandes estaleiros de Astano e Bazán. Os coñecidos como xaboncillos eran importantes na industria naval pois as marcas que se realizaban con eles permanecían no ferro ainda cando estaba incandescente. Ricardo Sandoval acheganos a figura desta muller, falecida no ano 1993, pero que os seus veciños ainda gardan no recordo.

Galicia Informativos
Más opciones