Galicia Informativos   Crónica de Galicia-19/04/2013 19/04/2013 50:47

"Manos Limpias" presentou a denuncia contra Manuel Fernández de Sousa ante o fiscal xefe da Audiencia de Pontevedra por supostos delitos de falsidade en documento mercantil, insolvencia punible, maquinación para alterar o prezo das cousas e delito fiscal.

Dous mil cincocentos traballadores de Navantia movilizáronse en Ferrol, en demanda de carga de traballo. Na protesta, houbo barricadas con neumáticos incendiados que afectaron ó tráfico.

A Ciga presenta demanda contra a decisión de General Dynamics de aplicar un ERE de extinción para todos os traballadores da fábrica de armas. A conselleira de Facenda Elena Muñoz sitúa a recuperación económica en Galicia no horizonte do ano 2015.

Galicia Informativos
Más opciones