Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 18/06/2021 18/06/2021 49:53

O presidente da Xunta da a benvida á retirada da máscara nos exteriores, pero lamenta o xeito de anuncia-lo. Alberto Núñéz Feijóo sinalou que unha decisión sanitaria se transforma nunha decisión política. Cré que o acordo se debería ter adoptado no consello interterritorial de saúde.

O concello de Porto do Son decreta dous días de loito oficial pola morte de dous dos seus veciños no naufraxio do pesqueiro Sempre Güeto.

Xa hai empresaS privadas que mostraron o seu interés por operar a liña de alta velocidade entre Galicia e Madrid cando entre en funcionamento.

Sanidade e Política Social coparon a meirande parte das queixas presentadas ante a Valedora do Pobo en 2020. No ano da pandemia,  o número de asuntos tramitados disparouse case un 30 por cento.

Unións Agrarias ve insuficiente a declaración de emerxencia cinexética en varias comarcas de Galicia polo xabarín. Considera que fracasou o modelo actual para controlar as poboacións de xabaríns

Galicia Informativos
Más opciones