Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 15/06/21 15/06/2021 49:43

Esta tarde reúnese o comité clínico, que tratará de homoxeneizar as medidas que rexen pra distintos sectores. Tamén hai reunión da Comisión Nacional de Saúde Pública, que analizará formatos pra vacinación de persoas que se moven entre comunidades por vacacións ou traballo.

A CIG demanda un cambio na política industrial da Xunta. Demandan unha solución real a unha crise económica con resultados nefastos.

A tripulación do Punta Candieira volve a faenar despois de dúas semanas retidos polas autoridades irlandesas, acusados de pesca ilegal.

Cambio nas alcaldías de Santa Comba e Salceda... No concello coruñés foi nunha moción de censura: dous edís socialistas apoiaron á candidata do PP. No pontevedrés, cumpren o pacto de goberno alcanzado.

Novidades na investigación da morte de Nerea Añel, en Ourense. Un xulgado investiga a posible implicación dun home, do que foi parella, no seu presunto homicidio.

Galicia Informativos
Más opciones