Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 14/06/21 14/06/2021 50:22

O comité clínico abordará mañá unha revisión completa de tódalas normas de prevención de contaxios de Covid que están vixentes en Galicia. Unha análise destinada a homoxeneizar medidas entre os distintos sectores

A Xunta presenta un plan para reforzar o ensino no vindeiro curso. 1.200 profesores van colaborar en dar apoio a uns 50 mil estudantes de primaria, ESO, bacharelato e FP básica.

O presidente da Xunta agarda que o Papa Francisco peregrine a Santigo en 2022. Alberto Núñez Feijóo e o arzebispo compostelán, Julián Barrio, foron recibidos esta mañá no Vaticano polo pontífice

En Ourense, volveu ser rexeitada unha modificación de crédito de 62 millóns que o alcalde vinculou a unha moción de confianza.

28 mil galegos non teñen acceso en igualdade de condicións ás administracións locais. Só 6 concellos, as cidades agás Pontevedra, contan con intérprete de lingua de signos.

Xornada de concentracións en moitas localidades galegas en repulsa polos 41 nenos e nenas asasinados por violencia machista dende 2013. Actos en recordo das 1.096 mulleres vítimas mortais de violencia machista desde 2003.

Galicia Informativos
Más opciones