Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 03/03/21 03/03/2021 50:14

A evolución dos casos activos continúa sendo positiva en Galicia, e cada vez se nota máis nos hospitais, que hoxe baixan por primeira vez en mes e medio do cento de ingresados nas unidades de críticos.

Unha melloría que se fará notar o venres en lugares como Ferrolterra, que recupera a mobilidade co resto da comunidade... Xa só queda un concello na comunidade co maior nivel de restricións. A Xunta apela a unha desescalada lenta pra garantir que non haxa pasos atrás

Comisións Obreiras presenta os actos do 10 de marzo día da clase obreira, este ano protagonizados por unha folga xeral na comarca ferrolana.

A Xunta nega o permiso pra unha mina a ceo aberto entre o Pino e Touro.
O tempo. Galicia recupera a estabilidade atomosférica.

Galicia Informativos
Más opciones