Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Conmoción, en toda Galicia, polo asasinato de María Belén, de 52 anos, a máns do home que fora a súa parella. É a primeira vítima mortal da violencia de xénero deste ano | As autoridades descartan contaminación das augas pola rotura dunha das balsas da antiga mina do Monte Neme, entre Malpica e Carballo | Xa está aquí Leonardo, un novo temporal que xa deixou refachos de 125 quilómetros por hora. O peor está no mar, onde os mariscadores e boa parte da frota, levan prácticamente un mes sen poder faenar polo mal tempo | Sorpresa no Celta pola marcha de Bryan Zaragoza, que interrompeu a súa cesión no equipo vigués para asinar pola Roma |

Precipitacións máis intensas na metade oeste e sur, con alertas porque poden descargar ata 15 litros por metro cadrado nunha hora. As temperaturas baixan e tamén a cota de neve que pode caer en torno aos 900 metros pola noite. No mar continua a alerta laranxa en todo o litoral atlántico por ondas de ata 6 metros

Uns 90 tractores manteñen bloqueado o tráfico na autovía das rías baixas, a altura de Xinzo de Limia. É a nova mobilización de gandeiros e agricultores contra o acordo da UE co Mercosur. Reclaman ser recibidos por algún alto cargo do Ministerio de Agricultura | Os representantes sindicais e das empresas de autobuses da provincia da Coruña manteñen unha xuntanza para negociar a desconvocatoria da folga indefinida prevista para a partir do luns | Galicia súmase a outras seis comunidades do norte de España para denunciar o incumprimento da lexislación europea sobre o lobo por parte do goberno central. Din que esa especie está a multiplicar a sua poboación de feito exponencial, o que pon en perigo a gandería extensiva | Caricaturista, pintor e figura central da renovación do humor gráfico galego. Siro López e o artista homenaxeado hoxe, no Día da Ilustración en Galicia. Dende o seu estudo, fainos un repaso a sua traxectoria humana e profesional

O buque cargueiro General Eikborg, con bandeira neerlandesa, está a ser remolcado ata Vigo tras quedar á deriva fronte á costa de Portugal, por un fallo no timón | A AEMET mantén activa unha alerta vermella dende primeiras horas da tarde en todo o litoral atlántico por ventos fortes e ondas de ata nove metros | Os tractores manteñen bloqueado o tráfico na autovía das rías baixas, a altura de Xinzo de Limia. É a nova mobilización de gandeiros e agricultores contra o acordo da UE co Mercosur. Reclaman ser recibidos por algún alto cargo do Ministerio de Agricultura | Galicia súmase a outras seis comunidades do norte de España para denunciar que a proliferación do lobo e exponencial e pon en perigo a gandería extensiva | Hoxe celébrase o Día da Ilustración en Galicia. Este ano dedícado ó debuxante Siro López. Un recoñecemento á traxectoria deste artista que, ós seus 83 anos, leva toda a vida co lápis na man. Foi quen nos relatou a historia da autonomía caricatura a caricatura

Un cargueiro con bandeira neerlandesa, remolcado ata Vigo tras quedar á deriva fronte á costa de Portugal, por un fallo no timón | Os tractores manteñen bloqueado o tráfico na autovía das rías baixas, a altura de Xinzo de Limia | Galicia súmase a outras seis comunidades para denunciar a proliferación “exponencial” do lobo | Comezan as obras da factoría de chips fotónicos de Vigo. Xenerará preto de 700 postos de traballo | Caricaturista, pintor e figura central da renovación do humor gráfico galego. Siro López e o artista homenaxeado hoxe, no Día da Ilustración en Galicia

Chega unha nova borrasca cunha fronte fría asociada, que nos deixa ceos parcialmente nubrados con chuvias, máis intensas na metade oeste, localmente treboentas e mesmo acompañadas de saraiba. O vento forte do oeste-suroeste, con refachos moi fortes no litoral e en zonas altas. A cota de neve baixará ata os 900-1000 metros ó final do día. As temperaturas en lixeiro a moderado descenso.

Volven os tractores a rodear a muralla de Lugo, en protesta contra o acordo de libre comercio co Mercosur. Gandeiros e agricultures critican que a Comisión Europea pretenda facelo efectivo sen agardar o ditame do Tribunal comunitario | A Xunta anuncia a licitación de 55 proxectos para construir cerca de 2.700 vivendas. Alfonso Rueda anuncia que estarán distribuidas por distintos lugares da xeografía galega, e suporá un importe de 500 millóns de euros | Comenzan a agromar os primeiros brotes Nas zonas queimadas polos grandes incendios deste verán. Para favorecer a recuperación, grupos de voluntarios instalan barreiras de palla en puntos estratéxicos | Nova cita europea esta noite para o Celta, que busca en Belgrado gañar para situarse entre os oito primeiros postos da competición. A UEFA autoriza a inscrición do recén chegado Fer López para disputar o encontro

Volven as protestas contra o acordo de libre comercio co Mercosur. Gandeiros e agricultores critican que a Comisión Europea pretenda facelo efectivo sen agardar o ditame do Tribunal comunitario | Sen avances na negociación entre sindicatos e patronal para renovar o convenio colectivo dos condutores de autobús da provincia da Coruña. Os traballadores manteñen a convocatoria de folga indefinida a partir do luns | A Xunta anuncia a licitación de máis de medio cento de proxectos en 2026 para a construcción de vivenda pública por preto de 500 millóns de euros en toda a comunidade | Cerca de 2.000 persoas morren cada ano en Galicia por doenzas vencelladas ao alcol, segundo os últimos datos do Ministerio de Sanidade. Para abordar esta problemática, dende unha perspectiva médica e social, hoxe visita Pontevedra Ramón Bataller, un referente mundial, no ámbito da Hepatoloxía

Volven as protestas contra o acordo de libre comercio co Mercosur | A Xunta anuncia a licitación de 55 proxectos para construir cerca de 2.700 vivendas | Comenzan a agromar os primeiros brotes Nas zonas queimadas polos grandes incendios deste verán, unha superficie de máis de 140.000 hectáreas, sobre todo na provincia de Ourense | Cerca de 2.000 persoas morren cada ano en Galicia por doenzas vencelladas ao alcol, segundo os últimos datos do Ministerio de Sanidade | Nova cita europea esta noite para o Celta, que busca en Belgrado gañar para situarse entre os oito primeiros postos da competición |

Situación intermedia entre as altas e as baixas presións. Ventos con refachos superiores aos 80 quilómetros por hora no litoral. No resto, Intervalos nubrados con chuvascos, máis probables e intensos na metade oeste, que pola tarde serán xeneralizados, e en forma de neve nos cumios máis altos. As temperaturas en moderado ascenso

Unha fochanca que ocupa practicamente toda a rúa no centro de Ourense é unha das máis de mil incidencias que deixan as intensas precipitacións caídas nas últimas horas. A apertura das comportas da presa de Velle permite baixar o nivel de prealerta do Miño, ao seu paso pola cidade | Xa son máis de 340.000 as persoas que se consideran en situación de risco de exclusión social en Galicia. E un dato do informe da Fundación Foessa e Cáritas, presentado hoxe. Di que a carestía da Vivenda e o emprego precario son os principais motores da desigualdade | As asociacións de acollida a inmigrantes calculan que uns 8.000 inmigrantes na comunidade poderían acollerse áo proxecto de regularizacion extraordinaria iniciada polo Goberno | No día europeo da protección de datos, os expertos advirten sobre os perigos de internet. E este ano poñen o foco na intelixencia artificial, con funcións que poden recopilar información persoal sensible

A Xunta mantén activo o Plan de Inundacións para controlar o caudal dos ríos. Arestora, son catro os que presentan os niveis máis elevados con risco de desbordamentos, logo dunhas chuvias que nas últimas horas deixaron máis de mil incidencias | En Galicia aumenta o risco de manter a precariedade social, pese á mellora económica. Isto é así, sobre todo, pola carestía da vivenda e cuns salarios que non crecen ó ritmo que o fai a custo da vida. 342.000 persoas están agora en exclusion social, segundo o último informe de Cáritas | Abanca acada uns beneficios de 902 millóns de euros en 2025 e marca unha rendabilidade do 15 por cento. O volume de negocio ascendeu ata os 136 mil millóns de euros | Sirat consegue unha dobre nominación a mellor película internacional nos Bafta e nos César. Os premios das academias británicas e francesas

Máis de mil incidencias deixan as intensas precipitacións nas últimas horas. | A neve provoca restriccións para o paso de vehículos pesados durante algunhas horas nas autovías de conexión coa Meseta | Máis de 340.000 persoas están en situación de risco de exclusión social en Galicia, segundo o informe da Fundación Foessa e Cáritas | As asociacións de acollida a inmigrantes calculan que serán uns 8.000 os residentes na comunidade que poderían acollerse áo proxecto de regularizacion extraordinaria que acaba de iniciar o Goberno | Abanca acada uns beneficios de 902 millóns de euros en 2025 e marca unha rendabilidade do 15 por cento | Sirat consegue unha dobre nominación a mellor película internacional nos Bafta e nos César

Unha borrasca centrada ao oeste de Irlanda que nos trae máis chuvia. Precipitacións máis intensas na franxa atlántica e no sur. Pola tarde na metade oeste onde as chuvias poden ser localmente fortes. No mar toda a costa en alerta laranxa por ondas de máis de 7 metros. As temperaturas suben e tamén a cota de neve, aos 1.000 metros.

Veciños e comerciantes reparan os danos causados polo desbordamento do Río Miñor, en Gondomar. Un dos efectos que deixa a borrasca Joseph, con intensas precipitacións e fortes refachos de vento | O paro descendeu en Galicia en 2.500 persoas ao remate de 2025. Así o indican os datos da EPA, que destacan a creación de máis de 30.000 empregos ao longo do ano. O descenso do paro en Galicia é inferior á media do conxunto de España | As vítimas do accidente de Angrois protestan contra a absolución do ex director de seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte. A sentenza da audiencia da Coruña deixa ao maquinista como único responsable penal do sinistro no que faleceron 80 persoas | Sen dúbida, un dos nomes da música galega do século XX, un dos primeiros en grabar cancións pop na nosa lingua. Pucho Boedo, conquistou os escenarios coa sua característica voz, como lider do grupo Los Tamara. Do seu falecemento cúmprense 40 anos

Xa son máis de 800 as incidencias rexistradas polos servizos de emerxencias ao paso da borrasca Joseph, a maioría relacionadas con obxectos nas estradas e desprendementos. Logo da gran cantidade de chuvia caída nas últimas horas, a atención céntrase nos ríos | Colisión múltiple con 23 vehículos implicados na AP-9, a altura do concello de Oroso, cerca de Santiago. Ocorreu pouco despois das nove da mañá en sentido Pontevedra. Varias persoas resultaron feridas, entre elas dous deputados do Partido Popular | O paro descendeu en Galicia en 2.500 persoas ao remate de 2025. Así o indican os datos da EPA, que destacan a creación de máis de 30.000 empregos ao longo do ano. O descenso do paro en Galicia é inferior á media do conxunto de España | Un dos nomes da música galega do século XX, pioneiro en grabar cancións pop na nosa lingua. Pucho Boedo, conquistou dende a sua Coruña natal os escenarios de medio mundo coa sua característica voz, primeiro na formación Los Satélites, e logo a fronte de Los Tamara, con éxitos que marcaron unha época. Do seu falecemento cúmprense 40 anos

Xa son máis de 800 as incidencias rexistradas polos servizos de emerxencias ao paso da borrasca Joseph. A atención céntrase nos ríos | Colisión múltiple con 23 vehículos implicados na AP-9, a altura do concello de Oroso, cerca de Santiago | O paro descendeu en Galicia en 2.500 persoas ao remate de 2025 | As vítimas do accidente de Angrois protestan contra a absolución do ex director de seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte | A Asociación da memotria histórica e o concello da Coruña presentan unha guía que lembra aos coruñeses deportados a campos de concentración | Cúmprense 40 anos da norte de Pucho Boedo, un dos pioneiros do pop en galego

Tralo paso da borrasca, chuvascos que poden vir acompañados de sarabia e descenso de temperaturas. Tamén baixa a cota de neve que pode caer en cotas de ata 600 metros. No mar segue toda a costa en alerta laranxa por ondas que poden chegar aos 7 metros

Vivendas en risco de inundación no interior da provincia de Pontevedra, onde a chuvia non da tregua. A Xunta suspende as clases nesa zona e recomenda a máxima precaución. O temporal afecta tamén ao tráfico ferroviario entre Ourense e Santiago, e ao transporte marítimo da Ría de Vigo | O acordo entre as partes evita a celebración do xuizo polo crime no que resultou morto o propietario dunha carnicería na praza de Abastos de Santiago, ocorrido en 2024. Os acusados aceptan unha condea de 11 anos de prisión e unha indemnización de 580.000 euros á familia da vítima | Arranca a campaña electoral na Univesidade de Santiago. Por primeira vez nos seus cinco séculos de historia, serán catro mulleres as que competirán para dirixir o Reitorado | “Los Domingos", a película de Alauda Ruiz de Azúa, gran protagonista da gala de entrega, en Pontevedra, dos premios Feroz, con cinco das nove categorías ás que estaba nominada. Sirat, de Oliver Laxe, queda coa distinción ao mellor son e ao mellor trailer

O temporal está a deixar incidencia polas fortes precipitacións, con 30 accidentes de tráfico rexistrados nas últimas horas. As precipitacións máis intensas son no interior da provincia de Pontevedra | A situación meteorolóxica é excepcional, coa primeira alerta vermella por chuvia, o que levou á Xunta a activar unha mensaxe preventiva aos veciños dos 16 concellos en maior risco | Os dous homes acusados de matar ao propietario dunha carnicería na praza de abastos de Santiago, aceptan unha condena de 11 anos e medio de prisión. O acordo entre as partes, evita a celebración da vista oral do xuízo, que estaba prevista iniciar hoxe | Por primeira vez nos seus máis de cinco séculos de historia a Universidade de Santiago vai ter una reitora. Son catro as candidatas que optan a dirixir a USC. A campaña electoral comeza mañá e hoxe as catro aspirantes estiveron no campus de Lugo