As terrazas poderán ser ocupadas ao cen por cen, gardando un metro e medio de distancia entre mesas, e poderase pedir na barra, ainda que non consumir. Tamén se amplía ao 75 por cento a cabida nos locais para eventos e reunións. Son as novas normas que rexerán a partir do sábado na hostalaría, e que hoxe anunciou o Comité Clínico. O lecer nocturno abrirá o 1 de xullo. // Martínez, Lito, coñecido coma "o rei das orquestras",foi condenado por fraude fiscal a dous anos e tres meses de cárcere. Terá que pagar ademais 340.000 euros de multa por non declarar o IVE, e non poderá obter axudas públicas. // O cárcere de Teixeiro incorpora dende hoxe un módulo mixto, coñecido como Módulo Nelson Mandela. Adicado a preparación para a vida en liberdade, é convertido en Mixto co obxetivo de favorecer o acceso das internas á reinserción. 23-06-2021
Galicia irá quedando progresivamente na influencia das altas presions. Ceos parcialmente cubertos en xeral con chubascos no tercio norte, que irán abrindo e remitirán as chuvias. As tempeaturas máximas, sen cambios 23-06-2021
Dispositivos de seguridade nas praias máis emblemáticas para facer efectiva a prohibición das cacharelas públicas esta noite de San Xoan. As celebracións limitaranse a fincas privadas con autorización. A sardiña baixa de prezo polo aumento da oferta. // Novas normas para a hostalaría: as terrazas poderán ser ocupadas ao cen por cen, gardando unha distancia entre mesas, e se poderá pedir na barra, anque non consumir. Tamén se aplía ao 75 por cento a cabida nos locais para eventos e reunións. O lecer nocturno abrirá o 1 de xullo. // Os establecementos hoteleiros locen xa o distintivo do Seguro Covid que permite sufragar tódolos gastos dos turistas que resultasen afectados por dar positivo durante a sua estadía en Galicia. // Repudiado pola súa manda, e convertido en reclamo dos bañistas, polo seu carácter sociable, pese ás advertencias dos expertos. O golfiño Manoliño complica o traballo dos mariscadores na Ría de Noia e leva aos concellos a adoptar medidas para evitar que a xente xogue con él. 23-06-2021

O segredo: traballos máis prácticos, proxectos sobre a natureza, as efemérides do ano e excursións á contorna que os rodea.
Con prudencia e cautela. Así reciben moitos na rúa O anuncio de que a máscara deixará de ser obrigatoria en exteriores, e que xa se deixa notar nun aumento nas vendas de productos de cosmética. Os expertos advirten que haberá que seguir levando algunha protección sempre a man, nun recipiente axeitado. // A Garda Civil de Tráfico de Ourense tómalle declaración a once persoas en calidade de investigadas trala súa participación nunha concentración de coches na Ribeira Sacra a mediados do mes pasado. Nas imaxes difundidas nas redes sociais vese como os pasaxeiros dalgúns dos vehículos ían sentados nos marcos das portas e sen suxeición de ningún tipo.// // A Policía Nacional interceptou dous vehículos que levaban agochados 100 quilos de haxix. E o maior alixo desta sustancia na provincia de Pontevedra nos últimos meses. // Os delitos informáticos aumentaron dende o inicio da Pandemia. Ata 6.000 denuncias recibiron as comisarías galegas no que vai de ano. Para loitar contra os ciberdelincuentes o Sindicato Unificado de Policía reclama máis medios e persoal. 22-06-2021
O anuncio de acabar coa obriga de levar máscara en exteriores fai aumentar a venta de productos de cosmética. Moitos apelan, sen embargo, á cautela e os expertos advirten que haberá que levar algunha sempre a mán, nun recipiente axeitado. // A situación epidemiolóxica mellora xunto co avance da vacinación, unha vez superado o millón de persoas coa pauta completa. Máis de millón e medio teñen recibido algunha dose, o 56 por cento da poboación total. // Unanimidade do Parlamento para aprobar o recoñecemento da violencia de xénero dixital. O acordo insta á Xunta a identificar e axudar as vitimas do ciberacoso, unha actividade que sofren especialmente as mozas adolescentes e que aumentou coa pandemia. // Centros de entornos rurais, como o Arcediago, en Santiso, reinvéntanse con alumnos e mesmo conseguen aumentar as matrículacións durante o curso que remata. 22-06-2021
Segue a inestabilidade, con ceos cubertos en xeral e chubascos, que son máis frecuentes e intensos na metade norte. As temperaturas máximas descenden no terzo norte, e aumentan lixeiramente, en cambio nas Rías Baixas. Ata 22 graos en Pontevedra e Vigo. 22-06-2021
O anuncio de acabar coa obriga de levar máscara en exteriores fai aumentar a venta de productos de cosmética. Moitos apelan, sen embargo, á cautela e os expertos advirten que haberá que levar algunha sempre a mán, nun recipiente axeitado. // A situación epidemiolóxica mellora xunto co avance da vacinación, unha vez superado o millón de persoas coa pauta completa. Máis de millón e medio teñen recibido algunha dose, o 56 por cento da poboación total. // Unanimidade do Parlamento para aprobar o recoñecemento da violencia de xénero dixital. O acordo insta á Xunta a identificar e axudar as vitimas do ciberacoso, unha actividade que sofren especialmente as mozas adolescentes e que aumentou coa pandemia. // Centros de entornos rurais, como o Arcediago, en Santiso, reinvéntanse con alumnos e mesmo conseguen aumentar as matrículacións durante o curso que remata. 22-06-2021
Varios paneis que lembran as 40.000 mortes documentadas de persoas que faleceron tentado chegar a Europa apareceron escachados en dúas noites da fin de semana.
Galicia segue baixando as cifras da pandemia, que se reducen ao nivel de agosto do ano pasado // As expectativas dun verán coas medidas anti covid máis relaxadas, tras máis dun ano coa máscara e as reunión limitadas, fan que moitos afronten os próximos meses con ansiedade ou estrés // Condena unánime ante o ataque contra unha exposición de apoio aos refuxiados en Santiago // Seis verbenas simultáneas en seis localidades galegas serviron esta fin de semana de experiencia piloto de cara á volta destes espectáculos tan habituais no verán. 21-06-2021
Hoxe é o día máis longo do ano e está protagonizado pola borrasca que atravesa Galicia. Continúan os ceos anubrados con choivas e chuvascos acompañados ocasionalmente de tormentas, que irán remitindo pola tarde no sur da comunidade. 21-06-2021
Galicia segue baixando as cifras da pandemia, que se reducen ao nivel de agosto do ano pasado // As expectativas dun verán coas medidas anti covid máis relaxadas, tras máis dun ano coa máscara e as reunión limitadas, fan que moitos afronten os próximos meses con ansiedade ou estrés // Condena unánime ante o ataque contra unha exposición de apoio aos refuxiados en Santiago // Seis verbenas simultáneas en seis localidades galegas serviron esta fin de semana de experiencia piloto de cara á volta destes espectáculos tan habituais no verán. 21-06-2021
Galicia segue baixando as cifras da pandemia, que se reducen ao nivel de agosto do ano pasado // As expectativas dun verán coas medidas anti covid máis relaxadas, tras máis dun ano coa máscara e as reunión limitadas, fan que moitos afronten os próximos meses con ansiedade ou estrés // Condena unánime ante o ataque contra unha exposición de apoio aos refuxiados en Santiago // Seis verbenas simultáneas en seis localidades galegas serviron esta fin de semana de experiencia piloto de cara á volta destes espectáculos tan habituais no verán. 21-06-2021
O fito chega cunha repunta de casos activos na cidade
A Xunta envía alegacións contra a orde ministerial que inclúe ao lobo no listado de especies silvestres en réxime de protección especial. A conselleira de medio ambiente aposta por outras medidas para protexer tanto aos animais como ás explotacións gandeiras. // A nova estación de tren de Santiago, un proxecto cun valor estimado de 28 millóns de euros que mestura a estación antiga coa moderna foi presentado hoxe.. O novo edificio de viaxeiros, conectado coa pasarela peonil, incluirá os servizos comerciais. O contrato tamén contempla un novo aparcadoiro de 460 prazas. // O celtismo está de celebración. Eduardo Coudet renova o contrato e adestrará o equipo vigués ata o 2024. Chegou en novembro do ano pasado para revitalizar e introducir o sentimento de afouteza nos xogadores. Rescatou o equipo do último posto e deixounos a un suspiro do soño europeo, na oitava posición. 18-06-2021
Loito en Portosín polo falecemento de dous mariñeiros, no naufraxio do cerqueiro Sempre Güeto, que emborcou nas proximidades de Cedeira. Os outros oito tripulantes puideron ser rescatados polo grupo de embarcacións que volvían da costeira do bocarte no Cantábrico. // Continúa o avance da vacinación e xa son case millón e medio os galegos con algunha dose. En Ourense celebran a administración da dose número 300.000 na provincia. Un fito que chega cunha repunta de casos activos na cidade. // A praia de Rodas, no parque das Illas Atlánticas, serve de marco para a entrega das 111 bandeiras azuis que lucirán as praias de 35 concellos galegos este verán. Son o 20 por cento de todas as de España. // Once campamentos de lexionarios romanos e de tribus galaicas ocupan o centro da cidade. E o Arde Lucus, a popular festa de recreación histórica que arranca en Lugo una edición en formato reducido. 18-06-2021

Continúa o tempo inestable, con ceos anubados e chubascos localmente treboentos máis probables canto máis ao leste e no sur e que irán sendo xeneralizados co avance do día. A tendencia seguirá durante toda a fin de semana, co paso dunha nova fronte fría. As temperaturas, á baixa, con máximas entre os 22 graos de Ourense e os 17 de Santiago e Lugo. 18-06-2021
O acceso principal á basílica loce xa en plenitude, co remate das obras de restauración da escalinata, o enreixado e a cripta do Mestre Mateo.