Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os restos do furacán Epsilón están a deixarse notar hoxe en Galicia. con refachos de vento que xa superaron os 115 quilómetros por hora no Penedo do Galo en Viveiro. É unha fronte que nos deixa chuvias que serán máis intensas na fachada atlántica. As temperaturas soben. As máximas oscilan entre os 16 graos previstos en Lugo e os 19 que agardan na Coruña. (27/10/2020)

Todas as cidades de Galicia están xa en alerta máxima pola incidencia dos contaxios, coa incorporación da Coruña. O presidente da Xunta non aforrou críticas ao novo estado de alarma decretado polo goberno central. //Os casos activos dispáranse a 6.766 e contabilízanse oito mortes de anciáns, nunha xornada na que Galicia volve superar os 600 contaxios diarios. É a segunda cifra máis elevada de toda a pandemia trala do pasado sábado.

// Polémica polo uso de aparatos purificadores de aire para ventilar as aulas. A Xunta desaconsellaos nos centros de ensino, mentres non toma unha postura definitiva, ao tempo que expertos do CSIC considéranos como mellor alternativa..// Inaugurado o treito de Alta Velocidade entre Zamora e Pedralba, que reduce en 50 minutos a viaxe por tren entre Galicia e Madrid. (26/10/2020)

Ceos anubrados, chuvias débiles e chuvascos dispersos que na metade oeste e na costa ocasionalmente poden vir acompañados de treboadas. No litoral segue a alerta por ondas de máis de cinco metros. As temperaturas baixaron. As máximas oscilarán entre os 14 graos previstos en Lugo e os 17 que agardan na Coruña. (26/10/2020)

O presidente da Xunta non aforrou críticas ao novo estado de alarma decretado polo goberno central. //Os casos activos dispáranse a 6.766 e contabilízanse oito mortes de anciáns, nunha xornada na que Galicia volve superar os 600 contaxios diarios. Sobe a presión hospitalaria cun total de 444 pacientes ingresados. // Polémica polo uso de aparatos purificadores de aire para ventilar as aulas. A Xunta desaconsellaos nos centros de ensino, mentres non toma unha postura definitiva, ao tempo que expertos do CSIC considéranos como mellor alternativa cando non se poden manter as ventás abertas. //Inaugurado o treito de Alta Velocidade entre Zamora e Pedralba, que reduce en 50 minutos a viaxe por tren entre Galicia e Madrid.  (26/10/2020)

Rúas desertas e tranquilidade xeral. Así entrou en vigor o novo estado de alarma decretado polo Goberno, cando todas as cidades de Galicia están xa en alerta máxima pola incidencia dos contaxios, coa incorporación da Coruña. //Os casos activos dispáranse a 6.766 e contabilízanse oito mortes de anciáns, nunha xornada na que Galicia volve superar os 600 contaxios diarios. É a segunda cifra máis elevada de toda a pandemia trala do pasado sábado. Sobe a presión hospitalaria cun total de 444 pacientes ingresados. //Polémica polo uso de aparatos purificadores de aire para ventilar as aulas. A Xunta desaconsellaos nos centros de ensino, mentres non toma unha postura definitiva. //Inaugurado o treito de Alta Velocidade entre Zamora e Pedralba, que reduce en 50 minutos a viaxe por tren entre Galicia e Madrid. (26/10/2020)

O hospital de Ourense comenza a adiar operacións non urxentes para deixar camas a disposición de doentes de coronavirus. Os contaxios seguen en aumento en Galicia: nas últimas 24 horas se contabilizaron 514 novos positivos, a segunda cifra máis elevada nun día de toda a pandemia //O comité clínico que asesora á Xunta aprobou un protocolo para minimizar o risco de transmisión da covid-19 nos cemiterios con motivo do Día de Defuntos, no que se recomenda un máximo de catro persoas por grupo e que as visitas no sexan de máis de 30 minutos..//Rexistrar un nacemento, cambiar de nome ou calquer outro trámite no rexistro civil requerirá a partir de agora cita previa por internet. 23/10/20

O hospital de Ourense comenza a adiar operacións non urxentes para dispoñer de máis camas para doentes de covid-19. // Os contaxios seguen en aumento en Galicia, onde nas últimas 24 horas se contabilizaron 514 novos positivos, a segunda cifra máis elevada nun día de toda a pandemia. Os casos activos ascenden a 5.880.// Rexistrado o primeiro caso de posible reinfección de Covid-19 en Galicia. É unha doente de Ferrol que pasou a enfermidade en abril e agora volveu dar positivo. Un feito pouco habitual, anque os expertos destacan que engade incerteza sobre a inmunidade de cara á futura vacina. //Néganse a levar os nenos áo colexio por temor a contaxiar a conviventes de alto risco. Son varias familias en Galicia que se Enfrontan a expedientes da consellería de Educación por absentismo escolar. 23/10/20

Tarde sen chuvia e temperaturas en valores suaves, con máximas en descenso. Hoxe quedarán algo por baixo dos 20 graos. Tempo tranquilo á espera da chegada dunha borrasca na fin de semana na noite do sábado o domingo, cando tamén teremos que cambiar de hora para adaptarnos o horario de inverno e atrasar os reloxios. 23/10/20

Os contaxios seguen en aumento en Galicia, onde nas últimas 24 horas se contabilizaron 514 novos positivos, a segunda cifra máis elevada nun día de toda a pandemia. Os casos activos ascenden a 5.880.// Rexistrado o primeiro caso de posible reinfección de Covid-19 en Galicia. É unha doente de Ferrol que pasou a enfermidade en abril e agora volveu dar positivo. //Néganse a levar os nenos áo colexio por temor a contaxiar a conviventes de alto risco. Son varias familias en Galicia que se Enfrontan a expedientes da consellería de Educación por absentismo escolar. //Os rexistros civis de Galicia adaptanse progresivamente ao sistema dixitalizado que xa funciona en Lugo, Pontevedra e Santiago. 23/10/20

Galicia rexistra o record de casos activos dende que comenzou a pandemia. 5.675, logo de contabilizarse 461 positivos nas últimas 24 horas. // Núñez Feijóo manifesta a sua ledicia pola postura do Partido Popular ao votar contra a moción de censura de Vox. O presidente da Xunta insiste en reclamar criterios homoxéneos en toda España para a loita contra a Covid-19, A Xunta ofrece colaboración aos concellos pequenos xestionar as sacións por incumplimento das normas sanitarias.// Os traballadores de Alcoa seguen a reclamar unha solución política. Hoxe escenificaron diante da oficina de emprego de Burela o que podería suceder se non se paraliza o ERE. 22/10/20

Máximo de cinco persoas por mesa, agás en puntos como Santiago, onde so se poden xuntar os conviventes e o interior dos locais está vetado. Son as normas que entran en vigor o mesmo día en que Galicia rexistra o record de casos activos dende que comenzou a pandemia. 5.675, logo de contabilizarse 461 positivos nas últimas 24 horas// Seguen a aumentar os concellos en alerta vermella pola alta incidencia acumulada nos últimos sete días. Pasan de 21 a 24. Incorpóranse á lista Monforte,Teo, Nigrán e O Porriño. 22/10/20

Toda Galicia volve ao nivel 2, con reunións limitadas a un máximo de cinco persoas, para frear o aumento disparado dos contaxios. Os responsables sanitarios advirten de que o 90 por cento prodúcense en reunións familiares. //Feijóo anuncia no Parlamento unha nova proposta de xestión das residencias de maiores para mellorar a protección dos usuarios, ainda que destaca que a mortandade dos centros galegos é menor que os da media de España // En Santiago e o Milladoiro, que soben a nivel 3, a limitación é aínda máis severa e quedan prohibidas as reunións de persoas que non convivan. Ademais Verín, Oímbra e Vilardevós súmanse aos concellos ourensáns con limitación de mobilidade perimetral. E suspéndese toda actividade considerada non esencial no Carballiño, O Irixo e Boborás, onde, segundo sanidade, se endurecen as restriccións porque non se estaban a respetar as que xa estaban vixentes. 21/10/20

Toda Galicia volve ao nivel 2, con reunións limitadas a un máximo de cinco persoas, para frear o aumento disparado dos contaxios. Os responsables sanitarios advirten de que o 90 por cento prodúcense en reunións familiares. //Feijóo anuncia no Parlamento unha nova proposta de xestión das residencias de maiores para mellorar a protección dos usuarios, ainda que destaca que a mortandade dos centros galegos é menor que os da media de España // En Santiago e o Milladoiro, que soben a nivel 3, a limitación é aínda máis severa e quedan prohibidas as reunións de persoas que non convivan. Ademais Verín, Oímbra e Vilardevós súmanse aos concellos ourensáns con limitación de mobilidade perimetral. E suspéndese toda actividade considerada non esencial no Carballiño, O Irixo e Boborás, onde, segundo sanidade, se endurecen as restriccións porque non se estaban a respetar as que xa estaban vixentes. 21/10/20

Continúa o avance da segunda vaga de covid-19 en Galicia. Os casos activos ascenden hoxe a 5.215, logo de rexistrarse 343 novos positivos no último día. Os pacientes hospitalizados en planta ascenden a 277, once máis ca onte. A área sanitaria de Ourense é a única na que descende o número de contaxios. Esta tarde reúnese o comité clinico, que tomará novas medidas. //intoxicacións e queimaduras relacionadas co xel hidroalcólico, sobre todo en menores. No hospital clínico de Santiago, un neno de Lalín foi sometido esta mañá a un transplante de membrana para salvarlle o ollo, salpicado accidentalmente no colexio. //Unanimidade no parlamento galego para reabrir a investigación sobre a fusión das antigas caixas de aforro. Os tres grupos acordan depurar as responsabilidades sobre o proceso que rematou na privatización das entidades e as indemnizacións millonarias dos seus exdirectivos. 20/10/20

Aumento de Intoxicacións e queimaduras relacionadas co xel hidroalcólico, sobre todo en menores. No hospital clínico de Santiago, un neno de Lalín foi sometido esta mañá a un transplante de membrana para salvarlle o ollo, salpicado accidentalmente no colexio. //Continúa o avance da segunda vaga de covid-19 en Galicia. Os casos activos ascenden hoxe a 5.215, logo de rexistrarse 343 novos positivos no último día. //Unanimidade no parlamento galego para reabrir a investigación sobre a fusión das antigas caixas de aforro. Os tres grupos acordan depurar as responsabilidades sobre o proceso que rematou na privatización das entidades e as indemnizacións millonarias dos seus exdirectivos. /O ministerio de Ciencia aporta 17 millóns de euros para máis de cen proxectos de investigación desenvolvidos en centros galegos. Entre eles destacan os tres estudos de investigadores da Universidade de Santiago para o desenrolo de vacinas do coronavirus. 20/10/20

Continúa o avance da segunda vaga de covid-19 en Galicia. Os casos activos ascenden hoxe a 5.215, logo de rexistrarse 343 novos positivos no último día. Os pacientes hospitalizados en planta ascenden a 277, once máis ca onte. A área sanitaria de Ourense é a única na que descende o número de contaxios. Esta tarde reúnese o comité clinico, que tomará novas medidas. //intoxicacións e queimaduras relacionadas co xel hidroalcólico, sobre todo en menores. No hospital clínico de Santiago, un neno de Lalín foi sometido esta mañá a un transplante de membrana para salvarlle o ollo, salpicado accidentalmente no colexio. //Unanimidade no parlamento galego para reabrir a investigación sobre a fusión das antigas caixas de aforro. Os tres grupos acordan depurar as responsabilidades sobre o proceso que rematou na privatización das entidades e as indemnizacións millonarias dos seus exdirectivos. 20/10/20

E no tempo volverán as chuvias esta tarde.  Serán xeralizadas en toda Galicia con chuvascos que serán mais intensos e persistentes en Ourense, sobre todo en zonas altas onde tamén se agardan refachos de vento moi fortes. AS temperaturas sen cambios ou en lixeiro descenso. As máximas aínda chegarán hoxe os 20 graos en moitos puntos grazas ao vento do sur. 20/10/20

A area sanitaria de Vigo, con case 100 novos positivos nun día, sitúase á cabeza no ritmo de aumento de contaxios. Os concellos de Cangas e Nigrán pasan a alerta vermella. //As catro farmacias de Barbadás son as únicas que poden, de momento, facer os test rápidos para o cribado de casos nas zonas confinadas polo colapso da páxina web na que se fan as solicitudes. Os colexios de médicos e enfermeiras rexeitan esta fórmula de realizar un cribado nas zonas máis afectadas. //Desmitificar a enfermidade e chamala polo seu nome sen reparo. É a mensaxe das pacientes no Día Mundial do Cancro de Mama. Unha doenza que afecta cada ano a unha 2.000 mulleres en Galicia. A esperanza de vida mellora ata nun 80 por cento dos casos. 19/10/20

As catro farmacias de Barbadás son as únicas que poden, de momento, facer os test rápidos para o cribado de casos nas zonas confinadas. O colapso da páxina web na que se fan as solicitudes retrasa a sua implantación no resto dos concellos previstos.. //os casos activos seguen a aumentar en Galicia e xa son 5.101, a cifra máis alta da segunda vaga da pandemia. Os falecidos ascenden a 822. Nas últimas 24 horas rexistráronse 417 novos contaxios.  //A area sanitaria de Vigo, con case 100 novos positivos nun día, sitúase á cabeza no ritmo de aumento de contaxios, a maioría relacionados con celebracións familiares. Os concellos de Cangas e Nigrán pasan a alerta vermella e Gondomar e Porriño pasan ao nivel 2. // Desmitificar a enfermidade e chamala polo seu nome sen reparo. É a mensaxe das pacientes no Día Mundial do Cancro de Mama. 19/10/20

Unha borrasca foise achegando a Galicia e con ela a partir do mediodía comezaron as chuvias. É unha fronte moi activa que barre Galicia con ventos que xa superaron os 115 km por hora en Vimianzo na Coruña e que deixará chuvias localmente fortes á tarde na metade oeste e en zonas altas con varias alertas activas en toda a fachada atlántica. 19/10/20