quedamos baixo a influencia das altas presións. Os bancos de néboa do interior e as brétemas da costa darán paso a ceos pouco nubrados ou despexados esta tarde. As temperaturas mínimas baixaron, mentres que as máximas seguen sen cambios superando os vinte graos nas catro provincias, mesmo chegando aos 26 na metade sur. 08/10/20
Así de gráficamente describe este membro do Comité Clínico a situación epdemiolóxica que levou a a aprobar as novas restriccións en Ourense. Dende esta noite non se poderá entrar ou sair sen xustificante na Capital e en Barbadás. // os casos activos rexistrados no último balance da consellería de Sanidade baixan en 58, e son un total de 4.068. O número total de vítimas mortais elévase a 769, logo do falecemento de catro persoas nas últimas horas. //Empatía e capacidade para escoitar. É, din, o segredo do traballo dos rastrexadores militares da Brilat, que colaboran co Sergas, a un ritmo dunhas 3.000 chamadas diarias. //A raíña Letizia inaugura en Santiago o curso escolar da Formación Profesional. Destaca o crecente interés das empresas que buscan traballadores entre os alumnos desta modalidade educativa. 07/10/20
Unha Bomba vírica con centro en Ourense e en Barbadás. É o que viron os responsables sanitarios nos datos epidemiolóxicos e que levaron a aprobar as novas restriccións. Dende esta noite non se poderá entrar ou sair sen xustificante na Capital e en varios concellos da provincia. //os casos activos rexistrados no último balance da consellería de Sanidade baixan en 58, e son un total de 4.068. Tamén baixan en 14 os hospitalizados, que son 185, e hai 34 pacientes con COVID na UCI, un menos. O número total de vítimas mortais elévase a 769, logo do falecemento de catro persoas nas últimas horas. //Empatía e capacidade para escoitar. É, din, o segredo do traballo dos rastrexadores militares da Brilat, que colaboran co Sergas, a un ritmo dunhas 3.000 chamadas diarias. // A raíña Letizia acude a Santiago a inaugurar o curso escolar dos estudos de Formación Profesional. Destaca o crecente interés por parte dos alumnos nos útimos anos por cursar esta modalidade educativa. 07/10/20
Unha Bomba vírica con centro en Ourense e en Barbadás. É o que viron os responsables sanitarios nos datos epidemiolóxicos e que levaron a aprobar as novas restriccións. //os casos activos rexistrados no último balance da consellería de Sanidade baixan en 58, e son un total de 4.068. Tamén baixan en 14 os hospitalizados, que son 185, e hai 34 pacientes con COVID na UCI, un menos. //A raíña Letizia acude a Santiago a inaugurar o curso escolar dos estudos de Formación Profesional. Destaca o crecente interés por parte dos alumnos nos útimos anos por cursar esta modalidade educativa. 07/10/20
Tras un comenzo da xornada con algún orballo, os ceos van quedar con grandes claros. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, con máximas de ata 26 graos en Ourense. O vento sopra frouxo, con intervalos moderados no litoral norte. 07/10/20
A cidade de Ourense supera a barreira de 500 casos activos de covid-19, logo de contabilizar 88 novos contaxios nas últimas horas. A consellería de Sanidade advirte que o comité clínico poderá adoptar esta mesma tarde posibles restriccións. // Oito anos de cárcere para o ex presidente de pescanova, Manuel Fernandez de Sousa, por prácticas irregulares e manipulación das contas da compañía. É a sentenza que acaba de facer pública a audiencia nacional, e que condena tamén a penas menores a outros membros da cúpula da compañía. //A Academia de cine inclue á película galega,"O que arde", entre as candidatas para representar a España na cerimonia dos Oscar deste ano. O filme dirixido por Oliver Laxe e protagonizado por Benedicta Sánchez e Amador Arias é un dos tres preseleccionados. 06/10/20
Así é o covid- auto escola, O circuito exclusivo que acaba de entrar en funcionamento nos centros hospitalarios para centralizar todas as probas PCR que se teñan que realizar a alumnos e profesores no caso de detectarse un positivo nunha aula escolar. //A cidade de Ourense supera a barreira de 500 casos activos de covid-19, A consellería de Sanidade advirte que o comité clínico decidirá nas próximas horas posibles novas medidas de restricción para frear os contaxios. //Oito anos de cárcere para o ex presidente de pescanova, Manuel Fernandez de Sousa, por prácticas irregulares e manipulación das contas da compañía. É a sentenza que acaba de facer pública a audiencia nacional. // A Academia de cine inclue á película galega,"O que arde", entre as candidatas para representar a España na cerimonia dos Oscar deste ano. O filme dirixido por Oliver Laxe e protagonizado por Benedicta Sánchez e Amador Arias é un dos tres preseleccionados. 06/10/20
A cidade de Ourense supera a barreira de 500 casos activos de covid-19, logo de contabilizar 88 novos contaxios nas últimas horas. A consellería de Sanidade advirte que o comité clínico poderá adoptar esta mesma tarde posibles novas medidas. //A Academia de cine inclue á película galega,"O que arde", entre as candidatas para representar a España na cerimonia dos Oscar deste ano. O filme dirixido por Oliver Laxe e protagonizado por Benedicta Sánchez e Amador Arias é un dos tres preseleccionados. //Oito anos de cárcere para o ex presidente de pescanova, Manuel Fernandez de Sousa, por prácticas irregulares e manipulación das contas da compañía. É a sentenza que acaba de facer pública a audiencia nacional. 06/10/20
Os ventos do suroeste seguen a traer moita humidade. sobre todo na metade o oeste onde son máis probables as chuvias febles. As temperaturas soben de xeito notable. De feito as máximas han superar os 20 graos. Para mañá os pronósticos anuncian que a partir do mediodía irán remitindo as chuvias porque iremos quedando baixo a influecia do anticiclón. 06/10/20
Aumenta a preocupación en Ourense, que supera xa os mil casos activos de coronavirus, logo de detectarse 117 novos contaxios. A cidade cumpre o terceiro día de prohibición de xuntarse persoas que non sexan conviventes, ca amenaza de que se as medidas non dan resultado, chegará o confinamento. reunións de persoas non convivintes 200 novos contaxios.. // O mundo da gaita rendelle homenaxe a Ricardo Portela, un dos grandes mestres do instrumento, no centenario do seu nacemento. Carlos Núñez, Susana Seivane ou Xosé Lois Foxo, entre outros músicos destacan a importancia da sua contribución ao patrimonio sonoro de Galicia. 05/10/20
Os tradicionais postos de polbo na rúa, o símbolo máis representativo do San Froilán. A festa que este ano ten que reinventarse polas medidas de restricción para evitar as aglomeracións habituais doutros anos, e ainda que o tempo non acompaña, veremos cómo se está a celebrar, pese a todo. //Ourense supera xa os mil casos activos e destaca como zona máis afectada pola Covid-19 en Galicia. En total, rexistráronse 254 novos contaxios, e dous falecementos nas últimas hora. //Os traballadores de Alcoa e as industrias auxiliares manteñen o bloqueo da factoría, para evitar a saída de materiais e continúa en Folga indefinida, a espera da Xuntanza telemática desta tarde con representantes da Xunta e do goberno central.//O mundo da gaita rendelle homenaxe a Ricardo Portela, un dos grandes mestres do instrumento, no centenario do seu nacemento. Carlos Núñez e Susana Seivane entre outros músicos destacan a importancia da sua contribución ao patrimonio sonorso de Galicia. 05/10/20
Aumenta a preocupación en Ourense, que supera xa os mil casos activos de coronavirus, logo de detectarse 117 novos contaxios. A cidade cumpre o terceiro día de prohibición de xuntarse persoas que non sexan conviventes, ca amenaza de que se as medidas non dan resultado, chegará o confinamento // Os tradicionais postos de polbo, o símbolo máis representativo do San Froilán. A festa que este ano ten que reinventarse polas medidas de restricción para evitar as aglomeracións habituais doutros anos, e ainda que o tempo non acompaña. //O mundo da gaita rendelle homenaxe a Ricardo Portela, un dos grandes mestres do instrumento, no centenario do seu nacemento. Carlos Núñez e Susana Seivane entre outros músicos destacan a importancia da sua contribución ao patrimonio sonoro de Galicia. 05/10/20
Unha fronte cálida deixa hoxe moita humidade atlántica, e ceos cubertos. Pola tarde as precipitacións febles serán maís xeralizadas . As temperaturas máximas aumentan lixeiramente .Os ventos, de compoñente oeste ,soprarán frouxos pero, ao final do día, con intervalos fortes no litoral norte. 05/10/20
A cidade de Ourense, ao borde do confinamento. Así o advirte o conselleiro de Sanidade que endurece as medidas para frear os contaxios e prohibe todas as reunións de persoas non convivintes..// Os casos activos de Covid-19 en Galicia baixan hoxe en 56, son un total de 4.203, logo de rexistrarse cerca de 200 novos contaxios. //Os expresidentes do goberno aproveitan o Foro que se celebra na illa da Toxa para facer unha Pechada defensa da monarquía e do sistema constitucional. //Un thriller de mulleres con pano na cabeza. Así describe a directora Paula Cons a sua película: A Illa das Mentiras, que hoxe se estrea en cines de toda Galicia. 02/10/20
O expresidente Mariano Rajoy reclama diálogo e entendemento entre as administracións para afrontar a pandemia da Covid-19, na segunda xornada do Foro Vínculo Atlántico, que se celebra na Illa da Toxa//Os casos activos en Galicia baixan hoxe en 56, son un total de 4.203, logo de rexistrarse cerca de 200 novos contaxios. A incidencia segue a subir na área sanitaria de Ourense, onde o Comité Clínico aprobou hoxe novas restriccións, mentres baixa na da Coruña.. // O paro rexistrado baixa en 377 persoas en Galicia no mes de setembro. É un descenso do 0´2 por cento, medio punto inferior ao do conxunto de España, en que se rexistrou a maior caída da serie histórica. //Un thriller de mulleres con pano na cabeza. Así describe a directora Paula Cons a sua película: A Illa das Mentiras, que hoxe se estrea en cines de toda Galicia. Narra o maior naufraxio civil rexistrado na nosa historia, con máis de 200 mortos na ría de Arousa, do que están a piques de cumplirse cen anos. 02/10/20
A cidade de Ourense, ao borde do confinamento. Así o advirte o conselleiro de Sanidade que endurece as medidas para frear os contaxios e prohibe todas as reunións de persoas non convivintes. A media de idade dos contaxiados, di, é alta e aumenta a presión hospitalaria. // Os casos activos de Covid-19 en Galicia baixan hoxe en 56, son un total de 4.203, logo de rexistrarse cerca de 200 novos contaxios. A incidencia segue a subir na área sanitaria de Ourense, mentres baixa na da Coruña.//.Os expresidentes do goberno aproveitan o Foro que se celebra na illa da Toxa para facer unha Pechada defensa da monarquía e do sistema constitucional. Mariano Rajoy chama a un pacto entre as administracións e Felipe González reprocha as críticas de membros do goberno a figura do Rei. 02/10/20
Nas próximas horas continuaremos baixo os efectos da borrasca situada sobre a Bretaña francesa e que deixa precipitaciòns intermitentes que poden ser de sarabia e mesmo de neve, nos cumios máis altos. As temperaturas seguen baixas e o vento fai aumentar a sensación de frío. 02/10/20
Expresidentes de goberno, empresarios destacados e intelectuais. Danse cita na Illa da Toxa para analizar o impacto da crise sanitaria na saúde e na economía internacional, no foro que está a piques de ser inaugurado polo rei Felipe VI. // Os casos activos ascenden lixeiramente, ata 4.259. Contabilízanse sete novos falecementos nas últimas horas, que elevan a 747 cifra total de vítimas mortais. Hai 33 pacientes na UCI e 203 en unidades de hospitalización. //A Xunta anuncia a creación dun sistema de "COVID AUTO ESCOLA" para axilizar a detección e illamento de casos en centros educativos. 01/10/20
Ximnasia nos corredores, para evitar zonas comúns, controis rigorosos de entrada e moita desinfección. Así loitan contra os contaxios nesta Residencia de Lalín, logo de superar un episodio de casos positivos. No Día internacional do Maior, botamos unha ollada a cómo son atendidas as persoas de máis idade nestes tempos de pandemia.// Os casos activos ascenden lixeiramente, ata 4.259 .//O impacto da crise sanitaria na saúde e na economía internacional, será o tema que analizarán políticos, empresarios e intelectuais que se dan cita na Illa da Toxa, no foro que será inaugurado esta tarde polo rei Felipe VI e o presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa. // O Concello da Coruña permite aos locais de lecer nocturno cambiar provisionalmente de licenza para que poidan abrir cos mesmos horarios e condicións de bares e cafeterías. 01/10/20
Os casos activos ascenden lixeiramente, ata 4.259. Contabilízanse sete novos falecementos nas últimas horas, que elevan a 747 cifra total de vítimas mortais. Hai 33 pacientes na UCI e 203 en unidades de hospitalización. // A Xunta anuncia a creación dun sistema de "COVID AUTO ESCOLA" para axilizar a detección e illamento de casos en centros educativos. Cando apareza un caso nunha aula e haxa que practicarlle PCRs a todos os estudantes desa clase serán derivados a estes espazos específicos. 01/10/20