Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Sanidade comunica hoxe 1.783 casos activos de covid en Galicia. Son 160 máis que onte. Un aumento impulsado especialmente por un gromo descuberto na residencia do Incio, con 69 positivos // Resposta masiva dos mozos de Melide ao chamamento para facer case un milleiro de probas do coronavirus. O brote na zona mantense en 17 positivos // Hostalería e lecer nocturno piden axudas para compensar as perdas pola diminución e o peche da súa actividade. Os hostalerios de Pontevedra lanzan os "consultores covid", que asesoran aos negocios sobre os protocolos de hixiene e aportan confianza aos clientes. 20/08/20

A Xunta propón que a máscara sexa obrigatoria nos colexios para profesores e alumnos a partir dos seis anos // En Galicia os casos activos de coronavirus comunicados pola Xunta son hoxe 1.623. Volven medar en máis dun cento desde onte // Comezan a instalar en Vigo a iluminación de Nadal, esta vez con máis antelación polos protocolos da covid. Serán dez millóns de luces en máis de 300 rúas da cidade. 19/08/20

Sanidade notifica hoxe 1.505 casos activos de covid 19 en Galicia, tras unha semana sumando máis dun cento de contaxios diarios. Hai 61 positivos no hospital, 6 deles na UCI // A pandemia apenas frea a chegada de turistas á Galicia interior, a Ribeira Sacra ou a Rías Baixas, ao contrario que en zonas como A Coruña ou Santiago, nas que os establecementos seguen medio baleiros // O comercio tamén sofre a caída do consumo. Os que saen de compras gastan menos, e as rebaixas de verán non logran compensar o descenso das vendas. No que vai de ano a caída rolda o 43 por cento. 18/08/20

Volven subir en más dun cento os contaxiados por coronavirus en Galicia. Hoxe son 1.400 os casos activos notificados pola Consellería de Sanidade // A investidura de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta vai ser entre o martes 1 e o xoves 3 de setembro. Tomará posesión dous días despois, o sábado 5 // Abre na Coruña o salón internacional do cómic Viñetas desde o Atlántico. Nesta ocasión, con propostas de banda deseñada infantil e xuvenil, un xénero en pleno rexurdimento. 17/08/20

O Goberno establece en toda España o peche do lecer nocturno e limitacións de cabida nos restaurantes. Tamén extende a tódalas comunidades a prohibición de fumar en espazos abertos sen distacia de seguridade xa implantada en Galicia. Na área da Coruña aumentan os controis policiais para frear a transmisión comunitaria // Galicia supera os mil casos activos de Covid-19, logo de sumar 136 novos contaxios nas 24 últimas horas. A de Santiago e a única Area Sanitaria onde descenden os positivos. En toda a comunidade hai 42 persoas ingresadas en hospitais e ninguna en UCI // Un total de 460 militares repartidos en 27 patrullas integrarán este ano a Operación Centinela, a colaboración das Forzas Armadas na protección dos montes galegos contra os incendios. Comenzará mañá centrando a sua atención nas zonas con maior risco. 14/08/20 

Queixas na hostalería, resignación nos fumadores e apoio xeral dos expertos no Primeiro día que entra en vigor a prohibición de fumar ao aire libre, incluídas as terrazas, cando non se garanta distancia de seguridade. Outras comunidades estudan implantar medidas similares // Os casos activos rexistran un aumento de 111 máis nas últimas 24 horas. O total chega a 938. Os falecidos soben a 623 trala morte dun home de 90 anos en Ourense. Hai trece positivos relacionados cun gromo nun campamento de verán en Cerdido. Os pacientes hospitalizados ascenden a 40 e sigue u na Uci // A dirección de Alcoa e o comité pactan ampliar o período de consultas mentres se negocia a venda da Planta de Aluminio ao Grupo Liberty House, coas cubas electrolíticas en funcionamento. O acordo, coa mediación da Xunta, afasta a ameaza de peche e o despedimento de traballadores na factoría. 13/08/20

A Xunta decide manter durante sete días máis as restriccións na Area Sanitaria da Coruña e Denuncia unha relaxación nos controis policias para o cumplimento das medidas. Os expertos consideran que Galicia está xa ante unha nova vaga da epidemia e reclaman para combatila probas de pcr masivas e mais equipos para o rastrexo de contaxios // Aumento é de 87 casos no último día. A incidencia sobe en todalas areas sanitarias agás a de Pontevedra. Os falecidos suman 622 trala morte dunha muller de 89 anos na Coruña. Os pacientes ingresados son xa 36, dos que so unha está na Uci // Máis auga nun día que nos últimos tres meses xuntos. A chuvia chega a toda a toda comunidade con máis de 60 litros por metro cadrado en moitos puntos da metade norte, e ronda os 90 en Bergondo. As precipitacións irán diminuindo nas próximas horas. 12/08/20

Aumenta a preocupación pola situación sanitaria na área da Coruña, onde os contaxios ascenden a 406, máis da metade dos detectados en toda Galicia, incluidos tres usuarios dunha residencia de maiores. A Xunta reforza os equipos de diagnóstico cun novo autocovid no Ventorrillo // A incidencia da Covid-19 sobe tamén en todalas demáis areas sanitarias de Galicia, ata un total de 740 casos, 70 máis que onte. O número de pacientes ingresados en unidades de hospitalización elévase a 31 e seguen 2 na UCI // A fiscalía da Audiencia Nacional abre dilixencias por unhas declaracións de Ana Pontón do 25 de xullo, a raíz dunha denuncia que as considera delito de inxurias á Coroa. A portavoz do BNG defende o dereito de critica a Monarquía e á liberdade de expresión. 11/08/20

Os medios de extinción loitan por controlar o incendio de Lobios, no parque do Xurés, o máis importante que queda activo na provincia de Ourense, tras unha fin de semana na que arderon preto de 1.000 hectáreas. Detidas duas persoas acusadas de provocar lumes, grazas á colaboración cidadá // Os casos activos en Galicia aumentan en 79 nas últimas 24 horas. O total é de 670, máis da metade corresponde a Area Sanitaria da Coruña, onde se manteñen medidas de restrición para frear o brote relacionado cun ximnasio en Arteixo. Hai dous pacientes en UCI e 25 hospitalizados // Martín Berasategui, Jordi Cruz, Juan Mari Arzak, os irmáns Torres e outros cociñeiros de elite que suman más de trinta Estrelas Michelín acoden á cita anual, no Camiño de Santiago, para un evento gastronómico solidario e para promocionar o Xacobeo 2021. 10/08/20 

O veterano Miguel Santalices repite ccomo presidente do Parlamento de Galicia na undécima lexislatura, que hoxe comenzou, con especiais medidas sanitarias e cun recordo especial para as vítimas do coronavirus. Os traballadores de Alcoa acudiron á Camara a reclamar presión sobre a empresa para que negocie a venda da Planta de Aluminio ao grupo Liberty.

//Galicia suma 444 casos activos, tras ser detectados 32 máIs Nas últimas 24 horas. Na área sanitaria da Coruña, onde se rexistra o brote relacionado cun ximnasio de Arteixo, os contaxios suben a 177. A Xunta estuda medidas de restricción. Tamén aumentan os pacientes hospitalizados: xa son 21 en unidades convencionais e sigue habendo 2 en UCI.

//O Deportivo presentará en Riazor 14 xogadores profesionais para enfrentarse co Fuenlabrada, 18 días despois, nun partido declarado de alto risco pola situación sanitaria. O Club fai un chamamento a evitar incidentes que puderan perxudicar a batalla nos despachos pola permanencia. (07/08/2020)

Indignación dos traballadores de Alcoa ao abandonar a dirección as negociacións sobre o ERE, despois de plantar a xuntanza convocada polo Ministerio de Industria. O comité defende unha prórroga do período de consultas de 6 semanas para facilitar a venda ao grupo Liberty House. 

//Os casos activos ascenden en Galicia a 412. A Area máis afectada é a da Coruña, onde sigue a atención sobre o brote relacionado cun ximnasio en Arteixo. Mentres, Sanidade da por superado o brote da Mariña, o máis importante dende a desescalada. En Vigo hai 27 sanitarios illados tras ter contacto cun paciente contaxiado. Os pacientes hospitalizados baixan a 19. 

// Arquitectos galegos levan á Bienal de Venecia o uso de espazos rurais para celebrar o Festival de Cine na Parroquia de Cans. Destácano como exemplo de posta en valor do Patrimonio e a colaboración veciñal. (06/08/2020)