Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Constituída a Deputación de Ourense, a única de Galicia na que o Partido Popular ten maioría absoluta. José Manuel Baltar volve estar á fronte do organismo provincial. Na nova corporación hai un partido mais, Democracia Ourensana, que sentará xunto a PP, PsdeG, e BNG // A vixilancia contra os incendios forestais contará, un ano mais, coa colaboración da policía a cabalo. A Conselleira do Medio Rural deulles hoxe a benvida aos membros destas patrullas, con base en Madrid, e que van vixiar en  Galicia, ata ao mes de setembro // Inditex obtivo o ano pasado un beneficio de 2.500 millóns de euros, son 129 mais que do ano anterior. Vendou prendas por un valor total de 18.000 millóns e creou 8.000 postos de traballo en todo o mundo. 14/07/15 

Constituída a Deputación de Ourense, a única de Galicia na que o Partido Popular ten maioría absoluta. José Manuel Baltar volve estar á fronte do organismo provincial. Na nova corporación hai un partido mais, Democracia Ourensana, que sentará xunto a PP, PsdeG, e BNG // A vixilancia contra os incendios forestais contará, un ano mais, coa colaboración da policía a cabalo. A Conselleira do Medio Rural deulles hoxe a benvida aos membros destas patrullas, con base en Madrid, e que van vixiar en  Galicia, ata ao mes de setembro // Inditex obtivo o ano pasado un beneficio de 2.500 millóns de euros, son 129 mais que do ano anterior. Vendou prendas por un valor total de 18.000 millóns e creou 8.000 postos de traballo en todo o mundo. 14/07/15 

Constituída a Deputación de Ourense, a única de Galicia na que o Partido Popular ten maioría absoluta // A vixilancia contra os incendios forestais contará, un ano mais, coa colaboración da policía a cabalo // Inditex obtivo o ano pasado un beneficio de 2.500 millóns de euros, son 129 mais que do ano anterior. 14/07/15 

As instalacións que subministran enerxía ao novo Hospital de Vigo producen frío e calor, cun sistema de aforro que lle valeu ao novo Hospital converterse no primeiro de España que consegue a certificación europea de edificio sostible // O edificio do Garañón, paralizado en Lugo, por orde xudicial, preocupa ás autoridades locais. O Partido Popular pide crear unha comisión para ver a forma de evitar  posibles indemnizacións ao promotor, que poderían chegar aos 30 millóns de euros. Mentres, a Alcaldesa, do Partido Socialista, propón agardar ata que haxa unha resolución xudicial, antes de tomar medidas // O tribunal supremo confirma a sanción ao xuíz do caso Asunta, José Antonio Vázquez Taín, por comentarios respecto dese asunto, mentres él o instruía. O xuíz referírase ó caso durante un congreso, ante publico e medios de comunicación. 13/07/15

As instalacións que subministran enerxía ao novo Hospital de Vigo producen frío e calor, cun sistema de aforro que lle valeu ao novo Hospital converterse no primeiro de España que consegue a certificación europea de edificio sostible // O edificio do Garañón, paralizado en Lugo, por orde xudicial, preocupa ás autoridades locais. O Partido Popular pide crear unha comisión para ver a forma de evitar posibles indemnizacións ao promotor, que poderían chegar aos 30 millóns de euros. Mentres, a Alcaldesa, do Partido Socialista, propón agardar ata que haxa unha resolución xudicial, antes de tomar medidas // Primeiro adestramento do Celta, logo de anunciar a fichaxe do sueco Jhon Guidetti, un dianteiro de 23 anos, que ficha por 5 anos. Entre os que se incorporaron ás ordes de Berizzo figura o danés Dani Wass, outra recente fichaxe do clube. 13/07/15

As instalacións que subministran enerxía ao novo Hospital de Vigo producen frío e calor, cun sistema de aforro que lle valeu ao novo Hospital converterse no primeiro de España que consegue a certificación europea de edificio sostible // O edificio do Garañón, paralizado en Lugo, por orde xudicial, preocupa ás autoridades locais. 13/07/15

O lume dun incendio forestal matou 5.000 pitos nunha granxa de Baltar, en Ourense e  queimou leiras e superficie forestal. En total, calcinou 50 hectáreas de terreo, 28 de monte e o resto de superficie agrícola. As lapas obrigaron a cortar o trafico na estrada que une Baltar con Xinzo de Limia // O BNG segue esixíndolle ao PsdeG a presidencia da Deputación da Coruña, dentro do acordo de programas decidido por ambos partidos. Os socialistas din que a presidencia lles corresponde a eles // As administracións van buscar solucións para mellorar a seguridade dos 25 puntos perigosos, nos que os camiños de Santiago se cruzan con estradas, na rede viaria Galega. 10/07/15

O lume dun incendio forestal matou 5.000 pitos nunha granxa de Baltar, en Ourense e  queimou leiras e superficie forestal. En total, calcinou 50 hectáreas de terreo, 28 de monte e o resto de superficie agrícola. As lapas obrigaron a cortar o trafico na estrada que une Baltar con Xinzo de Limia // O BNG segue esixíndolle ao PsdeG a presidencia da Deputación da Coruña, dentro do acordo de programas decidido por ambos partidos. Os socialistas din que a presidencia lles corresponde a eles // As administracións van buscar solucións para mellorar a seguridade dos 25 puntos perigosos, nos que os camiños de Santiago se cruzan con estradas, na rede viaria Galega. Anunciárono hoxe na localidade de Arca, preto de Santiago, onde unha peregrina perdía a vida, a principio deste verán. 10/07/15

O lume dun incendio forestal matou 5.000 pitos nunha granxa de Baltar, en Ourense e  queimou leiras e superficie forestal // O BNG segue esixíndolle ao PsdeG a presidencia da Deputación da Coruña, dentro do acordo de programas decidido por ambos partidos // As administracións van buscar solucións para mellorar a seguridade dos 25 puntos perigosos, nos que os camiños de Santiago se cruzan con estradas, na rede viaria Galega. 10/07/15

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro di que poderá demostrar a súa inocencia e en que será desimputado, logo de que declare no xulgado, o próximo día 31,sobre un presunto caso de irregularidades urbanísticas, cando era concelleiro en Lugo. Besteiro di que non pensa dimitir e non se amosa rotundo respecto á súa candidatura á presidencia da Xunta // A Xunta aproba un bono de alugueiro social, para familias con menos recursos, ás que lles dará 150 euros ao mes durante un máximo de 2 anos // Os tenistas da selección española, e todo o corpo técnico, locen xa a nova equipación, deseñada pola empresa viguesa Nafta. Unha firma que, superada a súa crise, está agora en plena expansión. 09/07/15

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro di que poderá demostrar a súa inocencia e en que será desimputado, logo de que declare no xulgado, o próximo día 31,sobre un presunto caso de irregularidades urbanísticas, cando era concelleiro en Lugo. Besteiro di que non pensa dimitir e non se amosa rotundo respecto á súa candidatura á presidencia da Xunta // A Xunta aproba un bono de alugueiro social, para familias con menos recursos, ás que lles dará 150 euros ao mes durante un máximo de 2 anos // Os tenistas da selección española, e todo o corpo técnico, locen xa a nova equipación, deseñada pola empresa viguesa Nafta. Unha firma que, superada a súa crise, está agora en plena expansión. 09/07/15 

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro di que poderá demostrar a súa inocencia e en que será desimputado, logo de que declare no xulgado, o próximo día 31,sobre un presunto caso de irregularidades urbanísticas, cando era concelleiro en Lugo. Besteiro di que non pensa dimitir e non se amosa rotundo respecto á súa candidatura á presidencia da Xunta // A Xunta aproba un bono de alugueiro social, para familias con menos recursos, ás que lles dará 150 euros ao mes durante un máximo de 2 anos // Os tenistas da selección española, e todo o corpo tecnico, locen xa a nova equipación, deseñada pola empresa viguesa Nafta. Unha firma que, superada a sua crise, está agora en plena expansión. Este é o seu contrato mais importante. 09/07/15

O Rei Felipe Sexto estará na Escola Naval de Marín o próximo día 16, e a Raíña Dona Leticia tamén visitará Galicia este mes, pero ningún dos dous asistirá á ofrenda ao Apóstolo, o día 25. Soubose esto despois da recepción que o Monarca lle concedeu hoxe ao Presidente da Xunta, na Zarzuela, e na que Nuñez Feijoo lle ofreceu información sobre a situación económica e social de Galicia // No Parlamento, tratouse hoxe da loita contra a violencia de xénero. Namentres, no exterior, ringleiras de zapatos vermellos, lembráron, de xeito simbólico ás mulleres vítimas desta violencia. Foron colocados darredor do parlamento por activistas da asociación Ve la Luz que tamén interviron na comisión parlamentaria para pedir máis medidas para evitala // A Secretaria de organización dos socialistas, Pilar Cancela, di que será o propio Besteiro quen decida sobre a súa candidatura á Presidencia da Xunta, logo de que renunciara a optar a unha praza de senador, ao ser imputado por presuntas ilegalidades. 08/07/15 

 

No Parlamento, tratouse hoxe da loita contra a violencia de xénero. Namentres, no exterior, ingleiras de zapatos vermellos, lembraron, de xeito simbólico ás mulleres vítimas desta violencia. Foron colocados darredor do parlamento por activistas da asociación Ve la Luz que tamén interviron na comisión parlamentaria para pedir máis medidas para evitala // A Secretaria de organización dos socialistas galegos, Pilar Cancela, di que será o propio Besteiro quen decida sobre a súa candidatura á Presidencia da Xunta, logo de que renunciara a optar a unha praza de senador, ao ser imputado por presuntas ilegalidades // O Celta, o concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra asinan  o acordo para  remodelar o Estadio de Balaídos. Custará uns 30 millóns de euros. As obras comezarán o  mes de novembro e rematarán dentro de tres anos. 08/07/15

No Parlamento, tratouse hoxe da loita contra a violencia de xénero // A Secretaria de organización dos socialistas galegos, Pilar Cancela, di que será o propio Besteiro quen decida sobre a súa candidatura á Presidencia da Xunta // O Celta, o concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra asinan o acordo para  remodelar o Estadio de Balaídos. 08/07/15

Situación estable de tempo soleado, con ceos despexados e vento do noroeste. As temperaturas seguen sen cambios, agás nas Rias Baixas, onde subirán algo. 08/07/15