Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O vento do sur fará que hoxe siga a suba das temperaturas. As máximas mesmo superarán os 30 graos na metade norte, en cidades, coma A Coruña, Santiago e Lugo. 12/08/16

Segue a loita contra os incendios. Nas últimas horas as alarmas voltaron saltar en dous municipios do sur de Pontevedra, os de Crecente e Arbo, onde o lume se achega ás casas en varios puntos. Durante a mañá continuou activada a situación de alerta en puntos de Santiago, Porto do Son, Cee e Avión, por mor de lumes xa iniciados onte. O ministerio de medioambiente envia 7 medios aereos, 6 avións anfibios e un helicóptero para sofocar os incendios de Arbo e dous dos declarados nas últimas horas en Porto do Son. o incendio declarado no concello pontevedrés de Arbo activo dende onte pola noite tamén desplazaron unha brigada // O secretario de organización de Podemos, Pablo Echenique viaxa a Galicia para negociar con En Marea no penúltimo día que teñen as dúas formacións para inscribirse como coalición se finalmente concurren xuntas ás eleccións do 25 de setembro. 11/08/16

Segue a loita contra os incendios. Nas últimas horas as alarmas voltaron saltar en dous municipios do sur de Pontevedra, os de Crecente e Arbo, onde o lume se achega ás casas en varios puntos. O ministerio de medioambiente envia 7 medios aereos, 6 avións anfibios e un helicóptero para sofocar os incendios de Arbo e dous dos declarados nas últimas horas en Porto do Son // O secretario de organización de Podemos, Pablo Echenique viaxa a Galicia para negociar con En Marea. 11/08/16

Ceos despexados en toda Galicia despois dunha mañá só con algunhas nubes baixa a primeira hora no terzo norte. Un día que estará marcado pola entrada dunha masa de aire cálido dende o sur. 11/08/16

Os incendios forestais seguen a afectar a zonas poboadas, sobre todo na provincia de Pontevedra onde, a pasada noite, volveu ser de loita contra as lapas. Nesta ocasión no límite entre os concellos de Soutomaior e Redondela. En Ventosela, en Redondela, houbo que desaloxar a 20 nenos que estaban nun centro de Aldeas Infantiles, foron evacuados e pasaron a noite na Base da Brilat, no cuartel de Figueirido // Controlado o lume que lle afectara ao concello pontevedrés de Cotobade e que obrigara a decretar a situación 2, pola súa proximidade ás casas. Os equipos loitan agora para extinguilo, despois de que leve queimadas 365 hectáreas // Non lonxe do foco do incendio de Soutomaior, os veciños atoparon feixe de polas e follas secas colocadas sobre un palé de madeira que identificaron inmediatamente coma un artefacto preparado para prender lume. O dispositivo tiña unha lata no medio e cóidase que, de ter prendido lume, provocaría un importante incendio. 10/08/16

Os incendios forestais seguen a afectar a zonas poboadas, sobre todo na provincia de Pontevedra onde, a pasada noite, volveu ser de loita contra as lapas // Controlado o lume que lle afectara ao concello pontevedrés de Cotobade e que obrigara a decretar a situación 2, pola súa proximidade ás casas // Non lonxe do foco do incendio de Soutomaior, os veciños atoparon feixe de polas e follas secas colocadas sobre un palé de madeira que identificaron inmediatamente coma un artefacto preparado para prender lume. 10/08/16

O ceo segue prácticamente despexado en toda Galicia salvo no norte das provincias da Coruña e Lugo onde pode caer algún orballo. As temperaturas que refrescaron sobre todo na tarde de onte continuarán sen apenas cambios ou algo máis baixas. 10/08/16

Catro incendios forestais, tres na provincia de Pontevedra, en Caldas, Mondariz e Cotobade e un en Ribeira levan arrasado máis de 885 hectáreas de monte nas últimas horas. Nos 3 que se declararon na provincia de Pontevedra houbo mesmo que activar o nivel dous de alerta pola proximidade do lume ás casas // Presentada unha segunda candidatura para as primarias de Podemos de cara ás eleccións galegas. Formalizouna o exsenador José García Buitrón que se vai enfrontar á candidata do sector oficial, Magdalena Barahona. Buitrón é partidario de integrarse en En Marea, mentres a tese do partido mantén a opción de formalizar unha candidatura independente e negociar despois unha coalición // Edificios e lugares emblemáticos da Coruña teñén estes días uns paseantes moi especiais. Celébrase na Coruña unha nova edición do festival do cómic "Viñetas desde o Atlántico". 09/08/16

Catro incendios forestais, tres na provincia de Pontevedra, en Caldas, Mondariz e Cotobade e un en Ribeira levan arrasado máis de 885 hectáreas de monte nas últimas horas segundo os últimos datos ofrecidos pola Xunta // Presentada unha segunda candidatura para as primarias de Podemos de cara ás eleccións galegas. Formalizouna o exsenador José García Buitrón que se vai enfrontar á candidata do sector oficial, Magdalena Barahona // Celébrase na Coruña unha nova edición do festival do cómic " Viñetas desde o Atlántico". 09/08/16

Unha fronte pouco activa que entra polo norte fará que se retire a masa de aire cálido dos últimos días e iso axudará a que as temperaturas máximas baixen sobre todo cara o final do día. 09/08/16

A loita política por acceder ao Parlamento Galego, en plena efervescencia, pese a estarmos en pleno agosto. Os datos aportados polas enquisas, segundo os que podería darse un empate entre o PP e a suma de todos os grupos da oposición de esquerdas non fán máis que avivar o enfrontamento // A Secretaria de Análise Política de Podemos, a galega Carolina Bescansa apúnta á posibilidade de que a súa formación se presente en solitario ás eleccións galegas do 25 de setembro. Unhas declaracións realizadas esta mañá logo de que os representantes de En Marea lle deran á formación morada un prazo de 48 horas para integrarse ou presentarse por separado neses comicios // O histórico líder nacionalista, Xosé Manuel Beiras anuncia por twitter que rematou o seu periplo parlamentario. O voceiro de Anova de 80 anos e con máis de 40 na política dí que está cumprido, ao tempo que nesta rede social dá o seu aval ao candidato á Xunta de En Marea, Luis Villares. 08/08/16

A loita política por acceder ao Parlamento Galego, en plena efervescencia, pese a estarmos en pleno agosto // A Secretaria de Análise Política de Podemos, a galega Carolina Bescansa apúnta á posibilidade de que a súa formación se presente en solitario ás eleccións galegas do 25 de setembro // O histórico líder nacionalista, Xosé Manuel Beiras anuncia por twitter que rematou o seu periplo parlamentario. 08/08/16

Luis Villares presentou publicamente a súa candidatura para as primarias de En Marea. Villares de 37 anos, lucense e xuíz de profesión, renunciou ao seu posto de maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza, antes de presentar a candidatura // Núñez Feijóo pediulles ao resto das formacions políticas menos mirar para o seu embigo e menos críticas ao Goberno da Xunta e máis mirar por Galicia. Tamén animou ao Partido Popular a buscar unha maioría estable para evitar que en Galicia se reproduzan o que calificou de irresponsabilidade política e infantilismo que se están a vivir, dixo, na política española e nas negociacións para formar goberno // Unha páxina web acollerá todas as fotos de paisaxes galegas que se lle queiran enviar. E unha aplicación dentro da páxina do Instituto de Estudios do Territorio e empeza a funcionar hoxe, posta en marcha pola Xunta e quere ser un instrumento para coñecer, divulgar e protexer mellor as nosas paisaxes. 05/08/16

Luis Villares presentou publicamente a súa candidatura para as primarias de En Marea. Villares de 37 anos, lucense e xuíz de profesión, renunciou ao seu posto de maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza, antes de presentar a candidatura // Núñez Feijóo pediulles ao resto das formacions políticas menos mirar para o seu embigo e menos críticas ao Goberno da Xunta e máis mirar por Galicia. Tamén animou ao Partido Popular a buscar unha maioría estable para evitar que en Galicia se reproduzan o que calificou de irresponsabilidade política e infantilismo que se están a vivir, dixo, na política española e nas negociacións para formar goberno // Unha páxina web acollerá todas as fotos de paisaxes galegas que se lle queiran enviar. E unha aplicación dentro da páxina do Instituto de Estudios do Territorio e empeza a funcionar hoxe, posta en marcha pola Xunta e quere ser un instrumento para coñecer, divulgar e protexer mellor as nosas paisaxes. 05/08/16

Luis Villares presentou publicamente a súa candidatura para as primarias de En Marea // Núñez Feijóo pediulles ao resto das formacions políticas menos mirar para o seu embigo e menos críticas ao Goberno da Xunta e máis mirar por Galicia // Unha páxina web acollerá todas as fotos de paisaxes galegas que se lle queiran enviar. 05/08/16

A Xunta vai destinar sete millóns de euros a apoiar proxectos de investigadores de Galicia, serán un máximo de dez cada ano, ata 2020. O Consello aprobou tamén a bonificación de ata o 40 por cento dos gastos de medicamentos a familias con fillos menores de 14 anos e un programa de dinamización do uso do galego nas empresas, coma fórmula para mellorar a confianza na relación cos consumidores // O día chuvioso fixo mudar as actividades dos milleiros de turistas que nos visitan e das persoas que están de vacacións. As praias deixan de ser o destino principal e búscanse outros alternativos, no interior ou nas cidade // Un dos festivais máis veteranos do verán galego o Noroeste da Coruña cumpriu xa trinta anos e faino con moitos cambios. Máis estilos músicos e máis escenarios, ata nove, repartidos en enclaves singulares por toda a cidade, onde se celebrarán un total de sesenta concertos, ao logo desta semana. 04/08/16.

A Xunta vai destinar sete millóns de euros a apoiar proxectos de investigadores de Galicia, serán un máximo de dez cada ano, ata 2020. O Consello aprobou tamén a bonificación de ata o 40 por cento dos gastos de medicamentos a familias con fillos menores de 14 anos e un programa de dinamización do uso do galego nas empresas, coma fórmula para mellorar a confianza na relación cos consumidores // O día chuvioso fixo mudar as actividades dos milleiros de turistas que nos visitan e das persoas que están de vacacións. As praias deixan de ser o destino principal e búscanse outros alternativos, no interior ou nas cidade // Un dos festivais máis veteranos do verán galego o Noroeste da Coruña cumpriu xa trinta anos e faino con moitos cambios. Máis estilos músicos e máis escenarios, ata nove, repartidos en enclaves singulares por toda a cidade, onde se celebrarán un total de sesenta concertos, ao logo desta semana. 04/08/16

A Xunta vai destinar sete millóns de euros a apoiar proxectos de investigadores de Galicia, serán un máximo de dez cada ano, ata 2020 // O día chuvioso fixo mudar as actividades dos milleiros de turistas que nos visitan e das persoas que están de vacacións // Un dos festivais máis veteranos do verán galego o Noroeste da Coruña cumpriu xa trinta anos e faino con moitos cambios. 04/08/16