Alivio nas mariscadoras de Pontevedra, no primeiro día de faena, trala sucesión de temporais de inverno. Comproban que boa parte da ameixa logrou sobrevivir ás riadas | As confrarías da Ría de Arousa, en cambio, falan dunha elevadísima mortaltade, que pode poñer en perigo mesmo a sua continuidade, e reclaman medidas urxentes | Primeira Xornada da Folga indefinida de Médicos galegos de Atención primaria. Os convocantes falan dun 70 por cento de seguemento que o Sergas rebaixa ao 5 por cento | A Fiscalía interpón unha querela contra o alcalde de Monforte José Tome, tras recibir unha denuncia dunha presunta vítima de acoso. Tomé dimitíu como presidente da Deputación de LUgo logo de acusación contra él a través dunha canle interna do partido socialista | O celtismo comeza a soñar de novo con Europa coa nova remontada dos celestes. A vitoria contra o Girona colócaos en sexta posición na liga. E tamén remontada do Deportivo. No último minuto os herculinos conseguiron gañar os tres puntos
Volta o marisqueo na Ría de Pontevedra. Por primeira vez logo da sucesión de temporais do inverno, as mariscadoras regresaron hoxe á Praia Había temor ante unha posible mortaldade masiva, pero comprobaron con alivio que boa parte da ameixa logrou sobrevivir ás riadas | O marisqueo na ría de Arousa, en cambio, está seriamente danado, cunha elevada mortaltade do marisco | A Fiscalía interpón unha querela contra o alcalde de Monforte José Tome, tras recibir unha denuncia dunha presunta vítima de acoso | 3.000 médicos estan chamados á folga de atención primaria que comeza hoxe e que ten carácter indefinido. Están rotas tódalas vías de negociación | Triple medallas de atletas galegos esta fin de semana no Campionato de España de Pista Curta celebrado en Valencia. Belén Toimil subiuse ao mais alto do podio en lanzamento de peso
Alivio nas mariscadoras de Pontevedra, no primeiro día de faena, trala sucesión de temporais de inverno | Primeira Xornada da Folga indefinida de Médicos de Atención primaria. Os convocantes falan dun 70 por cento de seguemento que o Sergas rebaixa ao 5 por cento | A Xunta pon en marcha a estratexia Galega da Paisaxe, cun investimento de 200 millóns de euros ata o 2030 | A Fiscalía interpón unha querela contra o alcalde de Monforte José Tome, tras recibir unha denuncia dunha presunta vítima de acoso | A xornada da fin de semana deixou vitorias para Celta e Deportivo. O equipo vigués vence ao Girona e refórzase como sexto clasificado na primeira división
Baixan as temperaturas con ceos nubrados e, co paso das horas, chuvascos localmente fortes que poden vir acompañados de treboadas, sobre todo na fachada atlántica. Serán menos probables nas provincias do interior
O gol de Williot, culminando unha xogada de fútbol de salón, da o pase ao Celta na Europa League. Unha noite máxica para o celtismo con celebración nos arredores de Balaídos. En oitavos xogarán contra o Olympique de Lyon. A ida desputarase en Balaídos, o 12 de marzo e a volta será na cidade francesa, o 19 | A baixada dos prezos da electricidade no último mes permite manter o IPC internual no 2´3 por cento. O dato feito público hoxe polo INE destaca pola moderación, pese a suba xeneralizada dos alimentos e dos servizos | A ferrolá Nona Inés Vilariño, vivíu o 23-F no seu escano de deputada de UCD no Congreso dos Deputados. Fálanos daquelas 18 horas de angustia en mans dos golpistas, nun espisodio do que agora se desclasifican os documentos segredos | Encontro, en Pontevedra de Familias con nenos afectados por Enfermidades Raras, das que mañá se celebra o día mundial. Reclaman un aumento dos fondos dedicados á investigación para conseguir novos tratamentos e melloras no diagnóstico
A caída dos prezos da electricidade por debaixo dos de hai un ano, tiran para abaixo a inflación, e permite manter o IPC internual no 2´3% en febreiro. O dato feito público hoxe polo INE destaca pola moderación, pese a suba xeneralizada nos último mes dos alimentos e dos servizos | A economía galega bate as previsións cun crecemento do 2,6% do PIB en 2025. Unha décima por riba do previsto | Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza obriga á Xunta a recuperar a protección da área onde se pretendía instalar ALTRI en Palas de Rei, en resposta a un recurso presentado pola Asociación ecolixista ADEGA | O Olympique de Lyon será o rival do Celta nos oitavos de final da Europa League. Os vigueses gañáronse esa praza de oitavos despois de eliminar ao Paok de Salónica. Venceron en Balaídos pola mínima cun tanto de Williot noutra noite máxica para o celtismo |
A caída dos prezos da electricidade por debaixo dos de hai un ano, tiran para abaixo a inflación, e permite manter o IPC internual no 2´3% en febreiro | A economía galega bate as previsións cun crecemento do 2,6% do PIB en 2025 | Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza obriga á Xunta a recuperar a protección da área onde se pretendía instalar AItri en Palas de Rei | Encontro, en Pontevedra de Familias con nenos afectados por Enfermidades Raras, das que mañá se celebra o día mundial |O Olympique de Lyon será o rival do Celta nos oitavos de final da Europa League, tras eliminar ao Paok, cun gol de Williot
Chuvias pola mañá, e pola tarde chuvascos ocasionais. As temperaturas mínimas sen cambios, mentres que as máximas descenden. Durante o fin de semana mudará o tempo e Galicia quedará baixo influencia das altas presións
O buque oceanográfico Vizconde de Eza, construido en Vigo, cumpre 25 anos de actividade, con máis de 200 campañas científicas feitas. É o máis veterano dos que dispoñen as autoridades en España para recompilar datos biolóxicos das especies de especial interese para a unha pesca sostible | Representantes da plataforma estatal presentan ante a valedora do Pobo 30.000 sinaturas para reclamar un cambio na Constitución para incluir a prohibición de que se poida recortar ou privatizar o sistema de pensións, e que se manteña o poder adquisitivo dos xubilados | O cultivo de aguacate cobra forza en Galicia, sobre todo en zonas onde é especialmente beneficiado polas condicións climáticas como o Salnés e o Baixo Miño, onde algúns produtores sustitúen viñedos con plantacións deste produto | Nova oportunidade do Celta para pasar a oitavos de final da Europa League. A cita será ás 9 en Balaídos ante o Paok de Salónica. Un equipo que chega moi debilitado polas baixas, pero que recupera ao seu máximo goleador
O buque oceanográfico Vizconde de Eza, construido en Vigo, cumpre 25 anos de actividade, con máis de 200 campañas científicas en busca de datos sobre especies e ecosistemas mariños | A Plataforma Estatal pola Blindaxe das pensións entregou hoxe á Valedora do Pobo 30 mil sinaturas. Piden que se impida recortar ou privatizar o sistema| O concello de Santiago aproba por unanimidade unha proposición para planificar a instalación de torres de telecomunicacións. Chega tralas queixas dos veciños da parroquia de Aríns pola colocación dunha antena moi preto da súas casas | As Mouras, que o artista Wedo Guás pintou nunha parede de Fene, recoñecido coma o mellor mural do mundo 2025. En Fene, é o terceiro mural que recibe unha distinción deste tipo |
O buque oceanográfico Vizconde de Eza, construido en Vigo, cumpre 25 anos de actividade, con máis de 200 campañas realizadas | A Plataforma Estatal pola Blindaxe das pensións entregou hoxe á Valedora do Pobo 30 mil sinaturas | O cultivo de aguacate cobra forza sobre todo en zonas como o Salnés e o Baixo Miño, onde algúns produtores sustitúen viñedos con plantacións deste produto | Nova oportunidade do Celta para pasar a oitavos de final da Europa League. A cita será ás 9 en Balaídos ante o Paok de Salónica esta noite
Situación anticiclónica transitoria con néboas no interior e brétemas costeiras. Os ceos quedarán despexados progresivamente. Co avance da tarde a nubosidade irá aumentando e agárdanse chuvias xa polo oeste. As temperaturas mínimas sufren un descenso mentres que as máximas ascenden lixeiramente
Perda prácticamente total da ameixa e o berberecho pola baixa salinidade das augas. Así están algúns bancos da ría de Noia, logo das intensas chuvias deste inverno. O sector marisqueiro di que é a situación máis crítica dos últimos anos | O enfrontamento entre a Xunta e a oposición polo arquivo do proxecto de Altri en Palas de Rei centra a sesión de control no Parlamento. O presidente Rueda asegura que Galicia sale perdendo pola negativa do Goberno Central a establecer a conexión eléctrica que faría posible a macroplanta | O Deportivo da Coruña abre en Riazor un museo para render homenaxe aos seus 120 anos de historia. Unha colección que ten como Xoia da coroa, os trofeos de liga e da Copa do Rei legados do Superdepor | As estratexias das diferentes especies para concebir, protexer e alimentar aos seus descendentes. É o que resume, en imaxes, a mostra sobre maternidades no mundo animal, aberta ao público no Teatro Afundación, en Vigo. Un traballo que reivindica a arte da fotografía como ferramenta de concienciación
Mortandade prácticamente total da ameixa e o berberecho, pola baixa salinidade das augas. Así están os bancos da ría de Noia, logo das intensas chuvias deste inverno | Na sesión de control ao goberno, o presidente Rueda di que co arquivo do proxecto de Altri o claro perdedor e o futuro industrial de Galicia | Preparativos para a eclipse de sol do vindeiro 12 de agosto. Galicia será un dos mellores lugar para vela | Os acusados da morte de Matilde Muñoz, a muller de Ferrol asasinada en Indonesia na habitación dun hotel turístico en xullo do ano pasado, condenados a 18 anos de cárcere | O Deportivo da Coruña abre en Riazor un museo que busca converterse nun novo punto de peregrinación dos afeccionados do club branquiazul e render homenaxe aos seus 120 anos de historia | Unha exposición fotográfica afonda no vínculo existente nas diferentes especies entre as nais e as súas crías. E unha mostra que xa pode visitarse na Sala de Exposición do Teatro da Afundación en Vigo
Mortandade masiva de ameixa e berberecho nos bancos da Ría de Noia, pola baixa salinidade. O sector di que e a situación máis crítica dos últimos anos | Rueda di no Parlamento que Galicia sale perdendo polo arquivo do proxecto de Altri | Os acusados da morte de Matilde Muñoz, a muller de Ferrol asasinada en Indonesia en xullo do ano pasado, condenados a 18 anos de cárcere | O Deportivo da Coruña abre en Riazor un museo que busca converterse nun novo punto de peregrinación dos afeccionados do club branquiazul | Unha exposición fotográfica afonda no vínculo existente nas diferentes especies entre as nais e as súas crías.
O paso da fronte durante as primeiras horas deixa chuvascos máis intensos nas provincias atlánticas e que se moven cara o interior. Co avance da tarde remiten para quedar o tempo seco de cara a noite. As temperaturas seguen en descenso
Bombeiros dos grupos de Emerxencias Supramunicipais de toda Galicia protestan en Lugo. Son os profesionais que interveñen a diario en incendios, accidentes e situacións de alto risco. Denuncian carencias na dotación de persoal e inestabilidade laboral | A CIG convoca folga do persoal de atención primaria, o próximo día 12 de marzo, en protesta, din pola sobrecarga asistencial | Nova fase do proxecto xenoma, para detectar a predisposición xenética a diferentes enfermidades e reforzar a prevención. O obxectivo, analizar o ADN de 400.000 persoas, para trazar o xenoma da poboación galega | Dous anos despois do incendio que calcinou o edificio, avanza a reconstrución do mosteiro budista de San Amaro, en Ourense. O lama fundador supervisa a fase final dos traballos coa reapertura, prevista para este verán e coa intención de erixir un templo de referencia en Europa para acoller a 300 persoas
Bombeiros dos grupos de Emerxencias Supramunicipais de toda Galicia retoman as movilizacións, cunha protesta en Lugo. Din que o actual modelo con participación da Xunta, Deputacións e concellos non funciona e pon en risco a profesionais e cidadans | A CIG convoca unha folga na atención primaria o vindeiro 12 de marzo para reclamar máis persoal, menos burocracia, e medidas para reducir a sobrecarga asistencial | O Parlamento aproba a reforma para poder desgravar a compra de material escolar pagado en efectivo, ata 100 euros por fillo | Bota a andar unha nova fase do proxecto xenoma Galicia, unha iniciativa pioneira para detectar a predisposición xenética a diferentes enfermidades e reforzar a prevención e analizar o ADN da poboación galega | Dous anos despois do incendio que calcinou o edificio, avanza a reconstrución do mosteiro budista de San Amaro, en Ourense. O lama fundador supervisa a fase final dos traballos coa reapertura, prevista para este verán
Bombeiros dos grupos de Emerxencias Supramunicipais de toda Galicia retoman as movilizacións, cunha protesta en Lugo. Din que o actual modelo con participación da Xunta, Deputacións e concellos non funciona e pon en risco a profesionais e cidadans | A CIG convoca unha folga na atención primaria o vindeiro 12 de marzo para reclamar máis persoal, menos burocracia, e medidas para reducir a sobrecarga asistencial | O Parlamento aproba a reforma para poder desgravar a compra de material escolar pagado en efectivo, ata 100 euros por fillo | Bota a andar unha nova fase do proxecto xenoma Galicia, unha iniciativa pioneira para detectar a predisposición xenética a diferentes enfermidades e reforzar a prevención e analizar o ADN da poboación galega | Dous anos despois do incendio que calcinou o edificio, avanza a reconstrución do mosteiro budista de San Amaro, en Ourense. O lama fundador supervisa a fase final dos traballos coa reapertura, prevista para este verán
Ceos nubrados con algúns orballos na provincia da Coruña. Un anticipo da chuvia que caerá de noite nas provincias atlánticas. As temperaturas mínimas suben mentres que as máximas baixan, entre os 16 graos da Coruña e os 21 en Ourense. Os ventos, do sur fortes, con refachos moi fortes no litoral e en zonas altas
O presidente da Xunta asegura que a tramitación de Altri decae ao non ser posible tramitalo como plan estratéxico ante a falta da conexión eléctrica, e a empresa non recibirá ningunha compensación por este arquivo | Entre os estragos das intensas chuvias dos últimos meses están os que atopámos na rede viaria, plagada de fochancas. O concello de Santiago iniciou hoxe un plan para reparar os danos causados polo mal tempo nas vías municipais | Logo de máis de trinta anos aberto ao público, o Pazo da Saleta, no concello pontevedrés de Meis despídese esta semana das visitas guiadas | Ofrenda floral no panteón de galegos ilustres en San Domingos de Bonaval, co gallo do día do aniversario de Rosalía de Castro. A escritora naceu, tal día coma hoxe, hai 189 anos. 21-02-2026
Seguimos con sol pero con algunhas nubes de tipo alto porque o anticiclón se vai retirando cara o leste. Xornada de tempo seco e de temperaturas máximas que soben con valores altos para a época. Roldarán aos 20 graos. 21-02-2026