Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os Camaróns e os percebes pagáronse esta mañá a 200 euros o quilo // O Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, dixo, en Pontevedra, que o ano que vén vai ser o do despegue da economía // Trafico calcula que ata o dia de Reis, vai haber case medio millón de desprazamentos polas estradas galegas. 31/12/14 

Inaugurado o último treito que quedaba por entrar en servizo para que se poida viaxar por autovía entre Galicia e a fronteira con Francia. Está no limite de Asturias con Cantabria e con el pónselle remate á autovía do Cantábrico, 25 anos despois de terse iniciado as obras // O número de turistas aloxados en establecementos galegos aumentou case un 7%, ata novembro, segundo datos ofrecidos hoxe pola xunta. O aumento entre visitantes estranxeiros foi aínda superior e acadou o 16% // A Catedral de Santiago acolleu  a cerimonia de conmemoración do traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende Xerusalén ata Galicia. O alcalde de Santiago foi o delegado do Rei e pediu loitar contra a corrupción. O arcebispo incidiu na necesidade de atender as familias que mais padecen a crise. 30/12/14

Inaugurado o último treito que quedaba por entrar en servizo para que se poida viaxar por autovía entre Galicia e a fronteira con Francia. Está no limite de Asturias con Cantabria e con el pónselle remate á autovía do Cantábrico, 25 anos despois de terse iniciado as obras. Unha inauguración que encabezou o Presidente do Goberno, Mariano Rajoy // O número de turistas aloxados en establecementos galegos aumentou case un 7%, ata novembro, segundo datos ofrecidos hoxe pola xunta. O aumento entre visitantes estranxeiros foi aínda superior, e acadou o 16 % // A Catedral de Santiago acolleu a cerimonia de conmemoración do traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende Xerusalén ata Galicia. O alcalde de Santiago foi o delegado do Rei e pediu loitar contra a corrupción. 30/12/14

Inaugurado o último treito que quedaba por entrar en servizo para que se poida viaxar por autovía entre Galicia e a fronteira con Francia // O número de turistas aloxados en establecementos galegos aumentou case un 7% // A Catedral de Santiago acolleu  a cerimonia de conmemoración do traslado dos restos do Apóstolo Santiago. 30/12/14

Foi, na provincia ourensá onde mais se notou o frío. Verín rexistrou a mínima de Galicia; menos  9,2 graos. Para a próxima noite non se agarda que sexan tan baixas. 30/12/14 

Cadrando co remate do ano chegan as temperaturas invernais. Un enfriamento que trouxo tamén as primeiras xeadas, enfriamento que vai seguir nos próximos dìas. A provincia de Ourense foi a que rexistrou as mínimas máis baixas. O récord foi para Calvos de Randín, con 9 graos baixo cero // Unións Agrarias acusa á industria de querer que os gandeiros asinen contratos de subministro con prezos moi baixos, que non chegan, din, para cubrir os custes de produción // Un edificio derrubouse sobre un restaurante, na localidade coruñesa de Betanzos, sen causar danos persoais, pese a que, no momento do incidente había dez clientes dentro do establecemento. 29/12/14

Cadrando co remate do ano chegan as temperaturas invernais. Un enfriamento que trouxo tamén as primeiras xeadas, enfriamento que vai seguir nos próximos días. A provincia de Ourense foi a que rexistrou as mínimas máis baixas. O récord foi para Calvos de Randín, con 9 graos baixo cero. E en Baltar, 7 baixo cero // Unións Agrarias acusa á industria de querer que os gandeiros asinen contratos de subministro con prezos moi baixos, que non chegan, din, para cubrir os custes de produción // Máis de 20 investigadores galegos que traballan no estranxeiro, comparten na Coruña as últimas novidades e conclusións dos  traballos que realizan en centros punteiros de Europa e Estados Unidos.Traballos, entre outros, sobre cancro de pel e bioloxía molecular. 29/12/14

Ata aninovo teremos tempo seco e frío, aínda que algo menos intenso ca hoxe // Durante esta semana seguirá habendo xeadas, polo que se recomenda ter mais precaución nas estradas. 29/12/14

A Xunta fixará por decreto unha espera máxima de 60 días para intervencións cirúrxicas non urxentes e de 45 días para  consultas hospitalarias, probas diagnósticas e terapéuticas // A folga en Renfe, que remata ás 11 desta noite, afecta sobre todo aos trens de media distancia entre A Coruña e Vigo. 26/12/14

43 mil galegos que cobran pensións non contributivas recibirán unha paga extraordinaria de 206 euros coma complemento. Recibirán nos primeiros días de xaneiro // 5.500 fogares desaparecerán en Galicia na próxima década. Cada ano a partir de 2020 perderanse uns mil fogares // Os trens de media distancia estanse a ver afectados pola folga convocada en Renfe e que remata ás 11 da próxima noite // As urxencias do hospital do Meixoeiro de Vigo están ateigadas estes días, con pacientes nos corredores // Coincidencia na rúa sobre o primeiro discurso de Nadal de Felipe VI. A maioría di que foi unha alocución pegada á actualidade // No Nadal é cando mellor se pagan as famosas ameixas de Carril. Trinta mariscadoras volven faenar na praia da Concha, pechada nos últimos tres meses para recupela das riadas do inverno pasado. 26/12/14

43 mil galegos que cobran pensións non contributivas recibirán unha paga extraordinaria de 206 euros coma complemento. Recibirán nos primeiros días de xaneiro // 5.500 fogares desaparecerán en Galicia na próxima década. Cada ano a partir de 2020 perderanse uns mil fogares // Os trens de media distancia estanse a ver afectados pola folga convocada en Renfe e que remata ás 11 da próxima noite // As urxencias do hospital do Meixoeiro de Vigo están ateigadas estes días, con pacientes nos corredores // Coincidencia na rúa sobre o primeiro discurso de Nadal de Felipe VI. A maioría di que foi unha alocución pegada á actualidade. 26/12/14

Mercados cheos de compradores para a cea de Noiteboa, con prezos altos en peixe e  marisco // Na Costa da Morte traballan estes días a reo apañando percebe // Os 400 traballadores da fábrica de Alcoa na Coruña celebran que a multinacional retirara o expediente de despido para todo o plantel. 24/12/14

Mercados cheos para a cea de Noiteboa, con prezos altos, sobre todo os do peixe e o marisco // Na Costa da Morte traballan estes días a reo apañando percebe // Os 400 traballadores de Alcoa na Coruña celebran que a multinacional anulara o despedimento de todo o plantel // Galicia aforrará 100 millóns de euros co novo modelo de financiamento autonómico // Vixilancia Aduaneira di que hai indicios abondo de que o alcalde de Lugo, José Lopez Orozco colaborou de forma activa co grupo Vendex para conseguir o contrato da Ora, extremo que nega o alcalde. Tamén o expresidente do PP de Ourense Jose Luis Baltar e o tenente de alcalde da Coruña Julio Flores negan ter recibido favores de Vendex // O céltico Larrivey podería ser sancionado con 4 partidos por supostamente chamarlle ladrón ao árbitro no partido Celta-Almeria, que perderon os vigueses // O Deportivo personarase no xuízo polo presunto amaño do encontro Levante-Zaragoza polo que os coruñeses acabaron descendendo a 2ª división en 2011. 24/12/14

Mercados cheos para a cea de Noiteboa, con prezos altos, sobre todo os do peixe e o marisco // Na Costa da Morte traballan estes días a reo apañando percebe // Os 400 traballadores de Alcoa na Coruña celebran que a multinacional anulara o despedimento de todo o plantel // Galicia aforrará 100 millóns de euros co novo modelo de financiamento autonómico // Vixilancia Aduaneira di que hai indicios abondo de que o alcalde de Lugo, José Lopez Orozco colaborou de forma activa co grupo Vendex para conseguir o contrato da Ora, extremo que nega o alcalde. Tamén o expresidente do PP de Ourense Jose Luis Baltar e o tenente de alcalde da Coruña Julio Flores negan ter recibido favores de Vendex // O céltico Larrivey podería ser sancionado con 4 partidos por supostamente chamarlle ladrón ao árbitro no partido Celta-Almeria, que perderon os vigueses // O Deportivo personarase no xuízo polo presunto amaño do encontro Levante-Zaragoza polo que os coruñeses acabaron descendendo a 2ª división en  2011. 24/12/14

O aeródromo de Rozas, en Lugo, acollerá un centro de investigación en avións non tripulados. Xunta e Goberno investirán 10 millóns de euros, para reformar as instalacións actuais. O proxecto creará 50 empregos // Declaran na policía en Madrid os dous últimos detidos en Valencia en relación coa morte do siareiro do Deportivo, Francisco Javier Romero //Os empresarios de discotecas calculan que haberá unhas cincocentas festas ilegais este fin de Ano. O 15% delas non reúnen as condicións mínimas de seguridade. 23/12/14

O aeródromo de Rozas, en Lugo, vai acoller un centro de investigación en avións non tripulados, "drones". Xunta e Goberno central investirán 10 millóns de euros, para reformar as instalacións actuais. O proxecto creará 50 postos de traballo // Declaran na policía en Madrid os dous últimos detidos en Valencia en relación coa morte do siareiro do Deportivo, Francisco Javier Romero. Un deles está acusado de ser outro dos autores materias da morte // A asociación SOS Bebés Roubados de Galicia estima que hai entre 250 e 300 pais que seguen buscando aos seus fillos despois de perdelos en estranas circunstancias logo dun parto. Sucedeu entre os anos 50 e 80, sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra // Os empresarios de discotecas calculan que haberá unhas cincocentas festas ilegais este fin de Ano. Pidenlles aos Concellos que as impidan. O 15% delas non reúnen as condicións mínimas de seguridade. 23/12/14

O aeródromo de Rozas, en Lugo, vai acoller un centro de investigación en avións non tripulados, "drones". Xunta e Goberno central investirán 10 millóns de euros, para reformar as instalacións actuais. O proxecto creará 50 postos de traballo // Declaran na policía en Madrid os dous últimos detidos en Valencia en relación coa morte do siareiro do Deportivo, Francisco Javier Romero. Un deles está acusado de ser outro dos autores materias da morte // SOS Bebés Roubados de Galicia estima que hai entre 250 e 300 pais que seguen buscando aos seus fillos despois de perdelos en estranas circunstancias logo dun parto. Sucedeu entre os anos 50 e 80, sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra // Os empresarios de discotecas calculan que haberá unhas cincocentas festas ilegais este fin de Ano. Pidenlles aos Concellos que as impidan. O 15% delas non reúnen as condicións mínimas de seguridade. 23/12/14