Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O Rei Felipe cumpre 100 días na Coroa visitando  a escola naval de Marín, onde conmemorou  o 25 aniversario da súa promoción como oficial da Armada en 1989.

Parte do flotel encargado a Navantia en Ferrol fabricarase en Cádiz. Son 8 dos 86 bloques que compoñen o buque encargado por Pemex. Rexeitamento unánime en Galicia á decisión.

Vigo recibe mañá o maior cruceiro do mundo, o "Oasis of the seas" con 9.000 pasaxeiros a bordo. Restaurantes e comercios agardan un sábado especial. (26/09/14)

O Rei Felipe visita por sorpresa Combarro, para cear onte con antigos compañeiros da escola naval de Marín. Na escola naval conmemorou hoxe o 25 aniversario da súa promoción.

Citroën de Vigo e os seus provedores comprométense a reducir custes para garantir que as furgonetas que reemprazarán ás Berlingo e Partner se constrúan en Galicia, fronte á opción de facelas en Eslovaquia, con man de obra máis barata. 

Núñez Feijóo nega retrocesos na atención a persoas dependentes, ao inaugurar en Sada  un novo centro de atención  integral a persoas con parálise cerebral. 

O Goberno aboará en 2015 o 25% da paga extra deixada de percibir en decembro de 2012.Tamén a Xunta prevé devolver un 25% da paga extraordinaria aos 90 mil funcionarios autonómicos, durante 2015 e 2016.

O Celta tratará hoxe en Elche de seguir invicto na Liga.O Dépor adestra coa dúbida de Fariña para o partido do domingo na casa fronte o Almería.

Vigo recibe mañá o maior cruceiro do mundo, o "Oasis of the seas" con 9.000 pasaxeiros a bordo. Restaurantes e comercios agardan un sábado especial. (26/09/14)

O Rei visita por sorpresa Combarro, para cear onte con antigos compañeiros da escola naval de Marín. Na escola naval conmemorou hoxe o 25 aniversario da súa promoción.

Citroén de Vigo e os seus provedores comprométense a reducir custes para garantir que as furgonetas que reemprazarán ás Berlingo e Partner se constrúan en Galicia, fronte á opción de facelas en Eslovaquia. 

Núñez Feijóo nega retrocesos na atención a persoas dependentes, ao inaugurar en Sada  un novo centro de atención  integral a persoas con parálise cerebral. 

O Celta tratará hoxe en Elche de seguir invicto na Liga.O Dépor adestra coa dúbida de Fariña para o partido do domingo na casa fronte o Almería.

Vigo recibe mañá o maior cruceiro do mundo, o "Oasis of the seas" con 9.000 pasaxeiros a bordo. Restaurantes e comercios agardan un sábado especial. (26/09/14)

Visto para sentenza o xuízo contra Félix  Vidal Anido, coñecido coma o violador do estilete, acusado de intentar asaltar a unha muller na súa casa en Lugo. Piden para el nove anos de cárcere.

A Xunta aproba un plan para aumentar un 25% as exportacións das empresas e outro de conservación da praia das Catedrais, con limitación de das  visitas.

Galicia é a segunda Comunidade autónoma máis económica para facer a compra. Por cidades, Vigo, A Coruña e Ourense están entre as máis baratas. (25/09/14)

Félix  Vidal Anido, coñecido coma o violador do estilete, xulgado en Lugo por intentar asaltar a unha muller na súa casa. Vidal Anido levaba trinta anos encarcerado cumprindo condena por varias violacións cando foi liberado en aplicación da Doutrina Parot.

A Xunta aproba un plan para aumentar un 25% as exportacións das empresas galegas e outro para conservar a praia das Catedrais, limitando as visitas.

Galicia é a segunda comunidade autónoma máis económica para facer a compra, segundo a OCU. Por cidades, Vigo, A Coruña e Ourense están entre as máis baratas.

Os pensionistas galegos cobran de media un 1,8 por cento máis ca o ano pasado, pero a pensión media, 736 euros, é a segunda máis baixa de España.

Un de cada cinco enfermos de cancro podería ser tratado con terapias personalizadas. Expertos reunidos en Santiago recomendan facer estudos xenónimos a todos os doentes porque, din, evitaría o uso de tratamentos médicos moi custosos

A Ribeira Sacra está en plena faena de vendima, nas súas viñas en costa. (25/09/14)

Félix  Vidal Anido, coñecido coma o violador do estilete, xulgado en Lugo por intentar asaltar a unha muller na súa casa. Xa estivera no cárcere por varias violacións.

A Xunta aproba un plan para aumentar un 25% as exportacións das empresas galegas e outro para conservar a praia das Catedrais, limitando as visitas.

Galicia, segunda comunidade autónoma máis económica para facer a compra. Por cidades, Vigo, A Coruña e Ourense, entre as máis baratas.

A Ribeira Sacra está en plena faena de vendima, nas súas viñas en costa. (25/09/14)

Xulgan en Ourense a un home acusado de rapto e violación dunha adolescente hai dous anos. A moza di que el quería matala tirándoa a un río metida nun saco. A fiscalía pide 20 anos de cadea

800 empresas e entidades públicas do sector biotecnolóxico cítanse en Santiago, un sector que representa xa o 7,8% do PIB español e que en Galicia emprega a seis mil persoas.   

Chega a Santiago o peregrino 200 mil, un xubilado francés que percorreu 1.600 kilómetros dende o sur de Francia, nun ano que esta a bater récord de peregrinación. (24/09/14)

Chega a Santiago o peregrino 200 mil, un xubilado francés que percorreu 1.600 kilómetros, nun ano de récord de peregrinación. En canto a turistas, 600 mil chegaron a Galicia en agosto, no mellor verán dende o comezo da crise.   

O derbi entre Celta e Deportivo non decepcionou, con emoción ata o último instante, cando co marcador 2 a 1 favorable aos célticos, o porteiro celeste Sergio parou un penalti.  

Xulgan en Ourense a un home acusado de rapto e violación dunha adolescente. Esta di que el quería matala tirándoa a un río metida nun saco. A fiscalía pide 20 anos de cadea.

Núñez Feijóo di que Gallarón foi coherente ao demitir coma ministro. Feijóo adiantou que a Xunta vai seguir apostando  polas exportacións. 

 800 empresas e entidades públicas do sector biotecnolóxico cítanse en Santiago, un sector que representa xa o 7,8% do PIB español e que en Galicia emprega a seis mil persoas.   

Un traxe que produce pequenas descargas musculares aforra tempo de ximnasio. (24/09/14)

Chega a Santiago o peregrino 200 mil, un xubilado francés que percorreu 1.600 kilómetrosa, nun ano de récord de peregrinación. 

O derbi entre Celta e Deportivo non decepcionou, con emoción ata o último instante, cando co marcador 2 a 1 favorable aos célticos, o porteiro celeste Sergio parou un penalti.  

Xulgan en Ourense a un home acusado de rapto e violación dunha adolescente. Esta di que el quería matala tirándoa a un río metida nun saco. A fiscalía pide 20 anos de cadea.

Núñez Feijóo di que Gallarón foi coherente ao demitir coma ministro. Feijóo adiantou que a Xunta vai seguir apostando  polas exportacións. 

800 empresas e entidades públicas do sector biotecnolóxico cítanse en Santiago, un sector que representa xa o 7,8% do PIB español e que en Galicia emprega a seis mil persoas. (24/09/14)

Abandonar un animal terá unha multa de ata tres mil euros, maltratalo  ou matalo, de ata 30.000 euros, non recoller os excrementos pasará  dos 200 euros actuais a 500. 

Uns pais da Coruña, obrigados a pagarlle unha pensión de 624 euros á filla de 23 anos, que quería independizarse. 

Balaídos acolle esta noite o derbi Celta-Dépor, cos celestes invictos en Liga e os coruñeses co recordo dos 8 goles encaixados ante o Real Madrid. (23/09/14)

Balaídos acolle esta noite o derbi Celta-Dépor, un encontro de máxima rivalidade cos celestes invictos en Liga e os coruñeses co recordo dos 8 goles encaixados ante o Real Madrid.

As choivas teñen complicado a vendima. No Ribeiro un 5 por cento das plantas están afectadas de botrite por causa da auga. 

Abandonar un animal terá unha multa de ata tres mil euros, maltratalo  ou matalo, de ata 30.000 euros, segundo a lei aprobada hoxe no Parlamento, que sobe a multa por non recoller os excrementos de 200 euros a 500. 

Uns pais da Coruña, obrigados a pagarlle unha pensión de 624 euros á filla de 23 anos, que quería independizarse. A nai, que está divorciada do pai, ofrecíalle vivir con ela na Coruña , pero o xuíz rexeitouno debido ás malas relacións entre nai e filla. .

As pernoctacións hoteleiras  subiron en Galicia en agosto o 3,7%, un mes no que a nosa comunidade foi o quinto destino destino turístico elexido polos españois. Ocupáronse o 56 por cento das prazas dispoñibles, e con prezos máis baratos. 

Cinco persoas paradas de Ferrol traballan unha horta en terreos da Autoridade Portuaria, á que non lle pediron autorización pero esta, de momento, non lles pon impedimentos. (23/09/14)

Balaídos acolle esta noite o derbi Celta-Dépor, un encontro de máxima rivalidade cos celestes invictos en Liga e os coruñeses co recordo dos 8 goles encaixados ante o Real Madrid.

Abandonar un animal terá unha multa de ata tres mil euros, maltratalo  ou matalo, de ata 30.000 euros, non recoller os excrementos pasará dos 200 euros actuais aos 500. 

Uns pais da Coruña, obrigados a pagarlle unha pensión de 624 euros á filla de 23 anos, que quería independizarse. A nai, que está divorciada do pai, ofrecíalle vivir con ela na Coruña , pero o xuíz rexeitouno debido ás malas relacións entre nai e filla. .

As pernoctacions hoteleiras  subiron en Galicia en agosto o 3,7%. (23/09/14)

Cabodano da morte da nena Asunta Basterra, con polémica pola publicación dunha esquela encargada pola nai. 

Chega o outono, cuns primeiros días de antiticlón.

O autobús urbano de Ourense é hoxe de balde como xeito de  animar a usar o transporte público. (22/09/14)

Cabodano da morte da nena Asunta Basterra, con polémica pola publicación dunha esquela encargada pola nai. 

Empeza o outono cuns primeiros días de antiticlón e remata un verán húmido e chuviñento.

Ourense ofrece hoxe de balde as viaxes no autobús urbano para  animar a usar o transporte público, que alí só utilizan o 11% dos cidadáns. (22/09/14)

Cabodano da pequena Asunta Basterra asasinada presuntamente por seus pais, un día precedido da polémica pola publicación dunha esquela en varios xornais que asina a súa nai, cun "Te querre siempre", que omite os seus apelidos. O seu abogado nega que sexa unha estratexia da defensa.

Incautados 77 mil kilos de peixe e marisco furtivos nos primeiros oito meses do ano, principalmente de xarda, xurelo, polbo e ameixa.150 persoas foron imputadas por pescar ou mariscar sen licenza.

Empeza o outono cuns primeiros dias de antiticlón, e remata o verán, húmido e chuviñento. 

Celta e Deportivo deixan atrás os resultados da fin de semana, para centrarse no derbi de mañá en Balaídos, ante o que ninguén quere falar de favoritos. 

Ourense ofrece hoxe de balde as viaxes no autobús urbano para animar a usar o transporte público, que aló utilizan só o 11% dos cidadáns. (22/09/14)

Posibilidade de chuviscas, ante a próxima entrada dun anticiclón.

Cúmprense o cabodano da pequena Asunta Basterra asasinada presuntamente polos seus pais. Na pista forestal onde apareceu o seu corpo obxectos e mensaxes de recordo. Un dia precedido da polémica pola publicación dunha esquela en varios xornais que asina a nai, cun "Te querre siempre", e na que se  omiten os apelidos. (22/09/14)