O paso da volta ciclista a España por Galicia está a ter unha importante repercusión económica, sobre todo na hostalaría. En Santiago, onde o domingo finaliza a ronda ciclista, practicamente non hai prazas hoteleiras dispoñibles.
A Xunta vai por en marcha un programa de apoio á investigación nas universidades galegas, dotado con catro millóns de euros.
Un vídeo sexual gravado cun teléfono móbil está a ter unha difusión masiva entre os veciños de Monforte. Gravouno un mozo da localidade nun parque na noite do domingo ... durante un festival de música. Nel vese a unha parella practicando sexo, coa muller en estado semiinconsciente. (12/09/14)