O tempo de verán mantense hoxe pero parece que non vai durar.
Para mañá anúnciase un aumento da nebulosidade. (31/07/14)
O tempo de verán mantense hoxe pero parece que non vai durar.
Para mañá anúnciase un aumento da nebulosidade. (31/07/14)
A folga dos traballadores de Renfe afecta hoxe en Galicia a un total de 36 trens.
Unha concentración en Santiago amosou a repulsa pola morte de Sara Pereira, a muller de 82 anos de Pazos de Borbén.
O expresidente da Deputación de Ourense, Xosé Luís Baltar, foi condenado a 9 anos de inhabilitación para cargo ou emprego público. (31/07/14)
A folga dos traballadores de Renfe afecta hoxe en Galicia a un total de 36 trens e mañá vai impedir a saída doutros tantos, tanto de longo percorrido coma de media distancia. Aos afectados, a empresa devólvelles os cartos ou ofrécelles transporte alternativo
Unha concentración en Santiago amosou a repulsa pola morte de Sara Pereira, a muller de 82 anos á que o seu marido, de 79, lle causou a morte a golpes e afogándoa, na localidade pontevedresa de Pazos de Borbén.
O expresidente da Deputación de Ourense, Xosé Luís Baltar, foi condenado a 9 anos de inhabilitación para cargo ou emprego público por un delito de prevaricación por ter contratado, de xeito irregular a 104 persoas, no ano 2010. (31/07/14)
Continúa o tempo anticiclónico, propio do verán. Predomina o sol, con só algunhas nubes de estancamento no litoral norte e pombadas de brétema matinais, no interior. (30/07/14)
Nova traxedia social e familiar, provocada, segundo todos os indicios, pola violencia de xénero. Sucedeu na localidade pontevedresa de Pazos de Borbén onde o cadaver dunha muller de 81 anos apareceu no exterior da súa vivenda, con varios golpes na cabeza. Nun alboio próximo, apareceu o corpo do seu marido, aforcado.
Os vehículos volven circular dende media mañá polo treito da autovía A8 entre as localidades lucenses de Abadín e Mondoñedo, onde o pasado sábado se produciu o choque múltiple que lle causou a morte a unha muller.
A economía galega empezou a experimentar unha mellora que os expertos prevén que se consolide o ano que vén. Un estudo elaborado pola fundación Obra Social Abanca calcula que, neste 2014, o noso producto interior bruto vai medrar o 1 por cento, empuxado polo aumento da demanda interna. (30/07/14)
Na localidade pontevedresa de Pazos de Borbén, o cadáver dunha muller de 81 anos apareceu no exterior da súa vivenda, con varios golpes na cabeza. O seu marido foi localizado, aforcado.
Os vehículos volven circular dende media mañá polo treito da autovía A8 entre as localidades lucenses de Abadín e Mondoñedo.
A economía galega empezou a experimentar unha mellora que os expertos prevén que se consolide o ano que vén. (30/07/14)
Continúa o tempo anticiclónico, propio do verán. Predomina o sol, con só algunhas nubes de estancamento no litoral norte e pombadas de brétema matinais, no interior. (30/07/14)
A Autovía A-8, na que a pasada fin de semana se produciu o accidente múltiple no que faleceu unha muller aparecía esta mañá no medio da brétema, poucas horas antes da prevista para a súa apertura ao tráfico, segundo anunciou o Ministerio de Fomento. Unha reapertura, condicionada a que "as condicións meteorolóxicas o permitan, e logo de acometer obras de mellora na sinalización" // O Ministerio de Fomento abriulle un expediente a Audasa, a concesionaria da autoestrada do Atlántico, polas aglomeracións que se están a producir nas peaxes e que xa fora denunciada pola Xunta // Hoxe cúmprense 50 días desde o inicio da folga no servizo de limpeza e recollida do lixo en Lugo. Nas rúas aínda quedan moitos refugallos, pese a que os servizos mínimos son agora do 100%. 29/07/14
A Autovía A-8, na que a pasada fin de semana se produciu o accidente mútiple no que faleceu unha muller aparecía esta mañá no medio da brétema , poucas horas antes da prevista para a súa apertura ao tráfico, segundo anunciou o Ministerio de Fomento // O Ministerio de Fomento abriulle un expediente a Audasa, a concesionaria da autoestrada do Atlántico, polas aglomeracións que se están a producir nas peaxes e que xa fora denunciada pola Xunta // Máis de 2.000 persoas saíron á rúa en apoio a José Mato, o carballés que ainda permanece en dependencias policiais de Bogotá, acusado dun suposto delito de tráfico de menores por, supostamente, ter intentado traer, xunto coa súa muller, un bebé colombiano. 29/07/14
A Autovía A-8 aparecía esta mañá no medio da brétema, poucas horas antes da prevista para a súa apertura ao tráfico, segundo anunciou o Ministerio de Fomento // O Ministerio de Fomento abriulle un expediente a Audasa, a concesionaria da autoestrada do Atlántico, polas aglomeracións que se están a producir nas peaxes e que xa fora denunciada pola Xunta // Máis de 2.000 persoas saíron a rúa en apoio a José Mato, o carballés que ainda permanece en dependencias policiais de Bogotá, acusado dun suposto delito de tráfico de menores. 29/07/14
Hoxe estaremos ante unha nova xornada de Verán. Galicia segue con ceos pouco anubrados ou despexados. 29/07/14
O tráfico que se dirixe cara á Costa Lucense segue desviado dende a autovía A-8 entre Abadín e Mondoñedo, un treito no que hai que optar pola estrada tradicional, a Nacional 634, para evitar o punto da autovía no que se rexistrou o grave accidente do pasado sábado // A Xunta insiste ante o Ministerio de Fomento e a empresa Audasa en que reforcen as medidas destinadas a evitar as grandes retencións de vehículos nas peaxes // A Garda Civil investiga as circunstancias polas que unha veciña do concello pontevedrés do Rosal tirou pola fiestra da súa casa ao seu fillo recén nacido nada máis dar a luz . O bebé permanece en observación nun hospital de Vigo pero está fora de perigo. 28/07/14
O tráfico que se dirixe cara á Costa Lucense segue desviado dende a autovía A-8 entre Abadín e Mondoñedo, un treito no que hai que optar pola estrada tradicional, a Nacional 634, para evitar o punto da autovía no que se rexistrou o grave accidente do pasado sábado, con medio cento de vehículos implicados e que lle custou a vida a unha muller e feridas a outras 40 persoas // José Ramón Gómez Besteiro, o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE formará parte, como vogal da nova Executiva Federal do PSOE que lidera Pedro Sánchez. Tamén estará Abel Caballero, coma Vicepresidente da Federación de Municipios // Veciños de Carballo mobilízanse para axudar a parella que intentóu traer un bebé dende Colombia, polo que pagou 18.000 euros á nai biolóxica. O home está detido en Colombia, acusado de tráfico de menores. Os veciños vanse manifestar esta noite para chamar a atención sobre o caso e pedindo apoio, tamen económico, para xuntar cartos para a defensa de José. 28/07/14
O tráfico que se dirixe cara á Costa Lucense segue desviado dende a autovía A-8 entre Abadín e Mondoñedo // José Ramón Gómez Besteiro, o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE formará parte, como vogal da nova Executiva Federal do PSOE que lidera Pedro Sánchez // Veciños de Carballo mobilízanse para axudar a parella que intentou traer un bebé dende Colombia, polo que pagou 18.000 euros á nai biolóxica. 28/07/14
Segue o tempo de veràn. De, momento, para esta tarde, anúnciase que vai seguir o sol e a calor. Pola noite poden aumentar as nubes. 28/07/14
A presenza dos reis Filipe e Letizia en Santiago levantou expectación.
O rei di que ten presente a memoria das vítimas do accidente de Angrois. O arcebispo pídelles aos políticos unha rexeneración ética e moral da sociedade.
O BNG ofréce unha fronte común coas outras forzas nacionalistas para as eleccións municipais.
Anova de Beiras propón tamén unha fronte ampla, pero con iniciativas cidadáns.
O PSdeG reivindica a Castelao e o PP a resposta colectiva ante o accidente de Angrois. (25/07/14)
A presenza dos reis Filipe e Letizia en Santiago levantou expectación.
Na ofrenda, Filipe VI di que ten presente a memoria das vítimas do accidente ferroviario. O arcebispo pídelle aos políticos unha rexeneración ética e moral da sociedade.
Homenaxe en Angrois para lembrar o accidente de tren.
Xavier Vence ofrece unha fronte común ás outras forzas nacionalistas para as eleccións municipais.
O PSDEG reivindica a Castelao e o PP a resposta colectiva no accidente de Angrois.
120.000 os peregrinos percorreron o Camiño no que vai de ano.
Un cento de estudantes estranxeiros remataron a súa aprendizaxe de idioma galego nas universidades de Santiago e A Coruña.
Espectáculo dos fogos do Apóstolo para abrir o día grande de Galicia. (25/07/14)
Expectación en Santiago pola visita dos reis.
Na ofrenda ao Apóstolo, don Filipe di que ten presente a memoria das vítimas do accidente ferroviario. O arcebispo reclámalle aos políticos unha rexeneración ética e moral da sociedade.
Xavier Vence ofrece formar unha fronte común coas outras forzas nacionalistas para para as eleccións municipais.
O PSDEG reivindica a Castelao e o PP a resposta colectiva no accidente de Angrois.
120.000 os peregrinos no que vai de ano, máis da metade son estranxeiros.
Cen estudantes estranxeiros remataron a aprendizaxe de idioma galego, nas universidades de Santiago e A Coruña. (25/07/14)
Homenaxes espontáneas ás vítimas do tren no lugar do accidente, en Angrois. E entrega das Medallas de Ouro de Galicia a vítimas, voluntarios e profesionais que colaboraron na traxedia // A Xunta aproba o código ético que prohibe utilizar os medios públicos para beneficio particular e restrinxe os regalos a altos cargos e funcionarios // EPA: o paro descende en Galicia en 12.600 persoas no segundo trimestre, un 4,25% respecto aos tres meses anteriores. 24/07/14