Conmoción en toda Galicia, polo accidente ocorrido en Adamuz, na provincia de Córdoba, que leva contabilizadas 39 víctimas mortais. Institucións e grupos políticos cancelan os actos previstos en sinal de dó. Un sinistro ferroviario que trae á memoria a traxedia de Angrois, en 2013 | Xornada de movilización do sector pesqueiro para rexeitar o regulamento do control de capturas aprobado pola Unión Europea, unha normativa que os mariñeiros consideran imposibles de cumprir | Continúa o corte de tráfico na nacional 120 en Ourense, a cargo de agricultores e gandeiros, en protesta contra o acordo da UE co Mercosur. Din que supón unha ameaza para as explotacións ao non poder competir en igualdade cos produtos sudamericanos | Vitoria do Celta por un contundente 3 a cero, ante o Rayo Vallecano, que mantén ao equipo vigués ás portas das prazas europeas. Os seareiros acudiron a Balaídos coas unllas pintadas para amosar o seu apoio a Borja Iglesias polos insultos homófobos que sufriu
O sinistro ferroviario de Aldamuz, relacionado coa alta velocidade, trae á memoria a traxedia de Angrois, en 2013, tal como lembraba a alcaldesa de Santiago | O sector pesqueiro amarrou hoxe a frota para protestar contra o novo regulamento europeo de control de capturas. Os mariñeiros consideran que a normativa contempla medidas que son imposibles de cumprir | Gandeiros e agricultores trasladaron a súa protesta do centro da cidade ao pé dun centro comercial para gañar en visibilidade e pola imposibilidade de facer cortes autorizados na autovía das Rías Baixas | Entra en vigor o novo abono único de transporte o primeiro que funciona para diferentes medios a nivel nacional. | Nova vitoria do Celta nunha xornada na que os seareiros do equipo acudiron a Balaídos coas unllas pintadas para amosar o seu apoio a Borja Iglesias e encontra dos insultos homófobos que sufriu a pasada semana o xogador.
Conmoción en toda Galicia, polo accidente ocorrido en Adamuz que trae á memoria a traxedia de Angrois | movilización do sector pesqueiro para rexeitar o regulamento do control de capturas aprobado pola Unión Europea | corte de tráfico na nacional 120 en Ourense, a cargo de agricultores e gandeiros, en protesta contra o acordo da UE co Mercosur | | Vitoria do Celta por un contundente 3 a cero, ante o Rayo Vallecano, que mantén ao equipo vigués ás portas das prazas europeas. Os seareiros acudiron a Balaídos coas unllas pintadas para amosar o seu apoio a Borja Iglesias
Comeza a semana coa entrada dunha fronte atlántica durante a mañá. Luns de ceos nubrados con chuvascos máis frecuentes e intensos no terzo norte, ocasionalmente acompañados de sarabia. Serán de neve en zonas de montaña. Á tarde irán abrindo claros polo oeste. As temperaturas sen cambios
Produtores de carne, leite e hortalizas, marchan, de novo, en Lugo. Piden un posicionamento máis contundente dos Eurodeputados galegos contra o acordo da UE co Mercosur. Xunta e organizacións agrarias acordan reclamar conxuntamente que non se recorten as axudas da PAC | Outra xornada de folga de condutores de autobús da provincia da Coruña. A cidade de Santiago é a máis afectada, ao quedar, tamén, sen transporte urbano. Usuarios do Aeroporto ou do Hospital Clínico critican o incumprimento dos servizos mínimos | Plan da Xunta para prevención de infeccións de transmisión sexual. Inclue medidas pioneiras como un cribado a grupos de idade de maior incidencia para a detección precoz, mediante a realización de probas no propio domicilio | O grupo Inditex Anuncia o peche da primeira tenda que Amancio Ortega abríu, na Coruña, en 1975, e que deu lugar ao xigante textil. A compañía di que o establecemento, ubicado na rúa Juan Florez, de 300 metros cadrados, non encaixa ca súa proposta comercial actual e de futuro.
Produtores de carne, leite e hortalizas, marchan, de novo, en Lugo. Piden un posicionamento máis contundente dos políticos galegos contra o acordo da UE co Mercosur | Nova xornada de folga no transporte por estrada da provincia da Coruña, que en Santiago afecta ademáis aos buses urbanos. Os usuarios quéixanse de que os condutores non están cumprindo os servizos mínimos | A familia de Diego Bello, o mozo coruñés asasinado en Filipinas hai seis anos, prestou declaración nunha vista que se acaba de celebrar en Manila | A Consellería de Sanidade presenta un plan co que pretende eliminar as infeccións de transmisión sexual como problema de saúde pública en Galicia daquí a 2030 | Inditex pecha a histórica tenda Zara na rúa Juan Florez, a que supuxo o xerme do xigante textil. Logo de 50 anos aberto. O establecemento levaba dende maio como espazo conmemorativo do aniversario.
Produtores de carne, leite e hortalizas piden un posicionamento máis contundente dos políticos galegos contra o acordo da UE co Mercosur | Nova xornada de folga no transporte por estrada da provincia da Coruña, que en Santiago afecta ademáis aos buses urbanos | Plan da Xunta para prevención de infeccións de transmisión sexual. Inclue medidas pioneiras como un cribado a grupos de idade de maior incidencia para a detección precoz | O grupo Inditex Anuncia o peche da primeira tenda que Amancio Ortega abríu, na Coruña, en 1975, e que deu lugar ao xigante textil
Toda a costa en alerta laranxa por ondas que poden chegar aos 6 metro, ao paso dunha borrasca con entrada dunha masa de aire polar marítima. Chuvascos que poden vir con sarabia e tamén descenso de temperaturas e da cota de neve ata os 800 metros
Aumenta o seguimento da folga de Médicos, sobre todo nos hospitais. Os convocantes elévano ata o 85 por cento. A Xunta admite que se tiveron que cancelar máis de 200 operacións. A folga coincide cun incremento do 8% na incidencia do virus respiratorio sincitial | Os prezos rematan o ano 2025 cun aumento do 2´6 por cento na nosa comunidade, tres décimas por debaixo da media do conxunto de España. Os alimentos son o grupo de produtos que máis contribuiron ao aumento da inflación | As confrarias anuncian o amarre da frota de baixura o vindeiro luns en protesta polos novos controis a bordo que esixe o regulamento aprobado en Bruxelas. Contempla ata oito comunicacións electrónicas durante o tempo de faena, o que mariñeiros e armadores consideran "imposible" de cumprir | A Xunta presenta Un plan contra o uso inadecuado das novas tecnoloxías en menores. O medio centenar de actuacións van enfocadas no eido educativo, pero tamén familiar. Conta cun orzamento de máis de 7 millóns de euros para desenvolverse ata 2030
Aumenta o seguemento na segunda e última xornada da folga de médicos convocada esta semana a nivel nacional para reclamarlle ao Ministerio de Sanidade un estatuto propio. Un paro que, advirten, podería endurecerse a partir de febrero | O virus respiratorio sincitial segue aumentando na nosa comunidade. Os últimos datos da consellería de sanidade indican que a taxa de positividade supera o 8% | Hoxe coñecemos as cifras de doazóns do ano 2025 e aumentan tanto o número de doantes como o número de transplantes. 429 persoas tiveron o ano pasado unha segunda oportunidade | Galicia pechou o 2025 cunha inflación do 2,6%, tres décimas por debaixo da media nacional. A esa contención axudou que non se encareceu nin o turismo nin os carburantes e malia a suba do prezo dos alimentos, sobre todo dos ovos e a carne | A Xunta presenta Un plan contra o uso inadecuado das novas tecnoloxías en menores. Son 51 actuacións establecidas en cinco eixos enfocados na prevención, na información, na concienciación e na formación
Aumenta o seguimento da folga de Médicos, sobre todo nos hospitais. A Xunta admite que se tiveron que cancelar máis de 200 operacións | Hoxe coñecemos as cifras de doazóns do ano 2025 e aumentan tanto o número de doantes como o número de transplantes. 429 persoas tiveron o ano pasado unha segunda oportunidade | Os prezos rematan o ano 2025 cun aumento do 2´6 por cento na nosa comunidade | Plan da Xunta contra o uso inadecuado das novas tecnoloxías en menores |
Unha nova fronte atlántica barre Galicia con ventos que superaron os 134 km por hora con chuvias localmente fortes na metade oeste. No mar alerta laranxa por ondas que poden superar os 5 metros no litoral de Pontevedra e na Costa da Morte. A cota de neve baixará ós 1000 metros. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso en zonas do interior
Carmela López é xa a nova presidenta da Deputación de Lugo. Sen sorpresas na votación, recibíu no pleno de investidura o apoio dos deputados do PSdeG, do BNG e o do anterior presidente, José Tomé, que dimitiu tras denuncias de acoso sexual | Xornada de folga de médicos convocada en toda España en demanda dun estatuto laboral propio para os facultativos. Os coordinadores de urxencias dos hospitais denuncian risco de colapso do servizo | Xuntanza, en Madrid do Consello de Política Fiscal e Financeira. Galicia, amosa un rexeitamento total á proposta de novo sistema de financiación autonómica presentada pola ministra de Facenda, igual que todas os outras comunidades, agás Cataluña | A película de Oliver Laxe, Sirat, é a segunda con máis nominacións aos Goya. En total, ten 11 opcións de gañar algunha estatuiña. Ademais dela, "Decorado" e as rodadas en Galicia, "Leo and Lou" e "Romería" poderían conseguir algún cabezón
Por trece votos a favor, fronte aos 12 do Partido Popular, a alcaldesa de Burela, Carmela López, foi elexida como presidenta do ente provincial. Convertese así na segunda muller en ocupar ese cargo | Os médicos volven á folga, convocada en todo o Estado hoxe e mañá, para esixir ao ministerio de Sanidade un estatuto propio que lles permita negociar as súas condicións laborais. Tamén lle piden á Xunta que cumpra cos acordos que levaron a desconvocar a folga de novembro | A ministra de Facenda trasladoulle as comunidades autónomas a sua proposta de novo sistema de financiamento que, destacou, será voluntario e poderán seguir co actual se así o deciden | A película de Oliver Laxe, Sirat, é a segunda con máis nominacións aos Goya. En total, ten 11 opcións de gañar algunha estatuiña. Ademais dela, "Decorado" e as rodadas en Galicia, "Leo and Lou" e "Romería" poderían conseguir algún cabezón |
A alcaldesa de Burela, Carmela López, foi elexida como presidenta da Deputación de Lugo, en sustitución de José Tomé | No consello de Política Fiscal e Financeira, rexeitamento total da Xunta áo novo sistema de financiación autonómica presentado pola ministra de Facenda, igual que todas os outras comunidades, agás Cataluña | O xulgao de Viveiro acorda o sobreseimento provisional do Caso Maruxaina. En 2019, varias asistentes a esta festa foron gravadas ouriñando na vía pública |A película de Oliver Laxe, Sirat, é a segunda con máis nominacións aos Goya. En total, ten 11 opcións de gañar algunha estatuiña
Galicia queda nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións. Con isto, temos ceos moi nubrados con chuvascos, que irán desaparecendo co avance do día abríndose claros polo oeste. As temperaturas sufren un lixeiro descenso, con máximas de tan so nove graos en Santiago e de ata 14 en Vigo ou A Coruña.
Multitudinaria Protesta de taxistas, na Coruña. Denuncian a proliferación de vehículos de VTC como Uber ou Cabify. Din que máis do 80 por cento dos servizos que prestan estas plataformas son en percorridos urbanos, pese a que o prohibe a normativa | Nova xornada de folga dos condutores de autobús da provincia da Coruña, con moitos usuarios afectados, polo incumprimento dos servizos mínimos.sobre todo as familias que dependen do transporte escolar | O Sergas amplía a todos os maiores de 18 anos a convocatoria para vacinarse contra o virus Respiratorio Sincitial. Cita para esta fin de semana nos centros de vacinación dos hospitais, co obxectivo de reducir as hospitalizacións por problemas pulmonares | Vitoria pola mínima do Celta en Sevilla. Tres puntos que lle valen aos vigueses para seguir ilusionando na Liga. Chegan ao ecuador da competición ligueira sendo o terceiro mellor equipo a domicilio e rozando os postos europeos
Protesta de taxistas, na Coruña contra a proliferación de vehículos de VTC como Uber ou Cabify. Din que máis do 80 por cento dos servizos que prestan son en percorridos urbanos, pese a que o prohibe a normativa | Os condutores de autobús da provincia da Coruña volven estar de folga e, unha vez máis, non están circulando os servizos mínimos. Hoxe achegámonos a colexios e institutos para ver como afecta ás familias que utilizan o transporte escolar | A comisión federal do PSOE ratificou a candidatura de Carmela López, á presidencia da Deputación de Lugo. A alcaldesa de Burela sustituirá a José Tomé, acusado de acoso sexual a varias mulleres | O Sergas convoca a todos os maiores de idade ao ensaio clínico que estuda a eficacia da vacina fronte ao virus respiratorio sincitial, e no que participaron xa vinte mil galegos | En 2025 certificaron a chegada a Compostela máis de 530 mil peregrinos, superando por primeira vez o medio millón. Case a metade, o 45 por cento,elixiron o Camiño francés, pero aumenta a afluencia nos Camiños portugueses tradicional ou pola Costa
Protesta de taxistas, na Coruña contra a proliferación de vehículos de VTC como Uber ou Cabify | A folga dos condutores de autobús da provincia da Coruña, sen cumprir os servizos mínims deixa aos usuarios sen transporte escolar | O Sergas amplía a todos os maiores de 18 anos a convocatoria para vacinarse contra o virus Respiratorio Sincitial | A comisión federal do PSOE ratificou a candidatura de Carmela López, á presidencia da Deputación de Lugo | O Camiño de Santiago marca un novo record en 2025 ca chegada de máis de 530 mil peregrinos, superando por primeira vez o medio millón | A Vitoria pola mínima do Celta en Sevilla, fai que o equipo vigués siga ilusionando na Liga
Seguimos con tempo borrascoso, con refachos de máis de 140 kilómetros por hora en Cabeza de Manzaneda. Tamén na zona de Ourense choveu con intensidade. Caeron máis de 36 litros por metro cadrado en Muiños. Conforme avance o día as chuvias serán máis intermitentes
Os agricultores e gandeiros, en protesta contra o acordo da Unión Europea co Mercosur, retiran os tractores na Autovía das Rías Baixas en dirección a Madrid. Os tractores marchan tamén, en Lugo. O Sindicato Labrego Galego súmase ás mobilizacións na Coruña, diante da delegación do Goberno | O sector pesqueiro protesta, en Cambados, contra o diario electrónico para os barcos de máis de 12 metros. Unha normativa que entrou en vigor o pasado sábado, e pola que hoxe parte da frota da ría de Arousa permaneceu amarrada | Lembranza, en Santiago, de Ramón Sampedro, no aniversario da súa morte hai 28 anos, por suicidio asistido. Foi o primeiro español que pedíu o dereito á eutanasia. En Galicia en 2024 houbo 35 demandas de eutanasia, das que se realizaron 16 | En Vigo, despois de case dous meses, apagouse a iluminación De nadal. As 12.000 bombillas led que xa son un atractivo turístico. Durante estas semanas, a ocupación na cidade olívica superou o 75%. Case a metade dos turistas foron estranxeiros
Media Galicia en alerta por ventos que superaron os 132 km por hora e chuvias intensas | As movilizacións das asociacións gandeiras contra o acordo de libre comercio entre a UE e Mercosur estèndense por Galicia | A Asociación Dereito a morrer dignamente lembra a loita de Ramón Sampedro, cando se cumpren 28 anos da súa morte | Dúas persoas morreron ao bater frontalmente o turismo no que viaxaban contra un camión, en Lugo | Despois de case dous meses, apagouse a iluminación de nadal en Vigo